26/03/2025

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo, no Día da Poesía, o alumnado de Quintela, intercambiou uns fermosos poemas dramatizados cos seus padriños e madriñas lectores. Unha vez recitados os poemas, intercambiaron cos seus amigos e amigas os poemas e unha flor feita por eles.
O alumnado de 4ºI e 5ºI fixo os recitados co alumnado de 3ºP, e o alumnado de 6ºI co de 4ºP.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.