17/06/2024

Arte con colorante en 4ºI

As tartarugas convertémonos o venres en científicos por un día, xa que fixemos un experimento moi divertido.

Para facer o experimento precisamos leite, colorante alimentario, bastoncillo e xabón. Primeiro vertemos o leite nun recipiente, e a continuación botamos un pouco de colorante de varias cores. Mollamos o bastoncillo no xabón e tocamos o colorante e...observamos como se expande!!!

Despois xa nos toca xogar e mesturar as cores, que é moi divertido.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.