25/01/2022
Quen sementa, recolle!
Fai moitos anos que o alumnado deste cole plantou laranxeiras e, grazas a iso, as nenas e nenos de 3 anos fixemos zume de laranxa!
Foi todo un proceso. Comezou a expedición na procura de laranxeiras polo patio e, unha vez recollidas as laranxas ,voltamos á aula. Lavámolas e mans á obra! A esprimer e degustar. Coas laranxas fixemos xogos de conteo e clasificacións por tamaños. Foi toda unha experiencia chea de vitamina e contacto coa natureza!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.