Durante este curso, que está a piques de rematar, as Tartarugas comprendimos a importancia do noso nome.
O nome danos unha identidade e tamén ás nosas pertenezas ou ás cousas que facemos, pero, de onde veñen eses nomes?... Pois claro!!! Das nosas familias!!! Elas elixen por nós o nome cando nacemos.
Algunhas, elixírono porque lles gustaba, ou porque lles recordaba a bos e boas amigas, outras non se puñan de acordo e tiveron que facer unha votación e, no caso doutras familias, foi unha decisión ben meditada, que tivo que ver coa situación que viviron e co significado do nome en cuestión.
Todo isto contáronnolo as familias e tamén decidimos investigar os significados dos nosos nomes, algúns siguen sendo algo misteriosos, pero outros definen totalmente o seu propietario ou propietaria.
En todo caso, foi moi interesante coñecer mellor algo que nos vai acompañar ao longo da vida. Grazas!!!
BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS, PEQUENAS GRANDES TARTARUGAS!!! ❤️
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.