04/06/2020

BOTELLA DA CALMA

Boas!

Hoxe propoño unha manualidade sensorial, moi sinxela de facer e que é de gran axuda para aliviar o estrés nos máis pequenos. Vén moi ben para os momentos de enfado e rabenchas.
O ideal é elaborala con eles. A continuación expoño os materiais e o xeito de facela( hai moitos tipos diferentes e varios titoriais nas redes).

MATERIAIS:
- Unha botella  pequena, mellor de plástico que de cristal, pois cos peques pode romper.
- Auga quente.
- Glitter transparente ou de cores.
- Purpurina de cores.
- Pompóns e purpurinas grandes con formas. Poden metérselle garbanzos, botóns, etc..

ELABORACIÓN:
- Enchemos a botella de plático con auga quente e botámoslle dúas culleradas de glitter.
- Pechamos a botella e axitamos ata desfacer o glitter.
- Engadimos a purpurina (poden botarse varias cores ou unha soa).
- Introducimos os elementos que se van  mover polo interior da botella.
- Por último, é necesario selar o tapón con silicona ou pegamaneto para que non se abra.
AGORA É O MOMENTO DE UTILIZALA: AXITALA, MOVELA, OBSERVALA E SIMPLEMENTE GOZAR E RELAXARSE COAS SÚAS CORES E O SEU MOVEMENTO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.