15/05/2020

PARA RAZOAR E ESCRIBIR UN POUQUIÑO

Hoxe presentámosvos este xogo que mestura a lóxica e a lectoescritura.
Para xogar tedes que facer unha táboa como esta.



Na parte superior dereita debedes escribir a palabra de referencia, pode ser o seu nome ou calquera outra.
Na columna da esquerda debedes facer unha secuencia de cores co mesmo número de círculos que letras teña a palabra de referencia.
O 1 e o 2 indican o número de veces que debemos escribir a palabra.
Os peques da casa terán que escribir a palabra elixida coa mesma secuencia de cores que se marca na columna da esquerda e facelo unha vez ou dúas, depende do número que apareza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.