04/05/2020

MAIO, MES DAS LETRAS GALEGAS

MAIO, MES DAS LETRAS

Este ano non podemos ter Festival das Letras Galegas, pero non queremos deixar de escoitar as vosas voces recitando en lingua galega.
Aproveitaremos a actividade da semana pasada da poesía "Chove para que eu soñe", de Uxío Novoneyra.

http://infantilquintela.blogspot.com/2020/04/se-chove-poesia.html

Facedes a vosa recreación como explica na actividade nunha cartolina ou folio e logo gravádesvos nun vídeo recitando e ensinando o voso fermoso traballo.


 Enviades o vídeo á vosa titora antes do 12 de maio, para participar xunto co resto da clase nun vídeo no que recitaredes o poema.

Grazas a todos e un bico grande do equipo de infantil!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.