14/05/2020

ARTE CON ELEMENTOS NATURAIS DA PRIMAVERA

Ola, familias!
Imos aproveitar a estación na que estamos,na que os campos están preciosos, cheos de flores e cores diferentes, para traballar algunhas actividades cos nenos e nenas.
Todas sabemos os beneficios da natureza, fonte inesgotábel de estímulos nos pequenos e pequenas. O medio natural, actúa como ferramenta para a exploración sensorial, o control do movemento, a mellora do autocontrol e a capacidade de enfocar a atención.
Tamén a podemos utilizar para fomentar nos nenos e nenas o respecto pola natureza e polo coidado ao seu ecosistema.
As miñas propostas son:

  • Facer mandalas con flores:
  • Aproveitar os paseos a praia:
  • Reforzar o esquema corporal:


  • Crear ramos de flores para unha persoa especial.
  • Colleitar flores.
  • Buscar e atopar flores na natureza.
  • Pintar con flores.
  • Facer pocións máxicas ou perfumes florais.
  • Secar flores.
  • Flores conxeladas.

Infinidade de posibilidades que temos na natureza para traballar moitos aspectos importantes no desenvolvemento dos nenos e nenas.
Espero que vos animedes a experimentar e que gocedes coas propostas.
Unha súper aperta!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.