21/05/2020

A MÁQUINA DAS EMOCIÓNS


Boas!:

Hoxe presentamos unha ferramenta sinxela e divertida para aprender a xestionar as emocións e descubrir o poder que temos para poder transformalas.
Neste  momento que nos toca vivir, xa sodes conscientes de que a sensibilidade está a flor de pel e que as emocións saltan con nada e os enfados son máis continuos.
O que se vai  intentar é transformar pensamentos negativos en positivos. Non é sinxelo para os adultos, imaxinádeo para os cativos e cativas. Así, con esta máquina intentaremos materializar as emocións e darlle un toque lúdico.

Máquina de las emociones: una herramienta para enseñar a nuestros hijos a gestionar sus emociones
Os pasos a seguir son:
1º Acendemos a máquina ( un acto simbólico).
2º Introducimos o pensamento negativo na máquina( poden escribilo nun papel ou debuxalo).
3º Dámoslle á ruleta de emocións positivas ou  collémola das caixas das emocións positivas.
4º Comprometémonos a utilizar a emoción positiva e deixamos a negativa na máquina.
Máquina transformadora de emociones para niños: una herramienta de gestión emocional

Algunhas ideas para a transformación de emocións poden ser:
ALEGRÍA, OPTIMISMO, CONFIANZA, OPTIMISMO, TRANQUILIDADE.

Unha sinxela idea para desbloquear emocións que nos costa quitar de enriba, xogando en familia.

 A continuación deixo un enlace sobre contos que falan das emocións: https://rejuega.com/reflexiones-y-recursos/literatura-infantil/50-cuentos-para-trabajar-las-emociones-con-los-ninos/

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.