31/03/20

FLORES DE PRIMAVERA

DEIXÁMOSVOS NESTAS IMAXES EXEMPLOS DE FLORES QUE PODEDES FACER CON DIFERENTES MATERIAIS. ELIXIDE AQUELES QUE TEDES NA CASA E DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE.



30/03/20

COLLAGE NA CLASE DOS LEOPARDOS

NA CLASE DOS LEOPARDOS APRENDEMOS A FACER UNHA COLAXE CON RECORTES DE REVISTAS, XORNAIS, PAPEIS, PEGATINAS, PAPEL DE SEDA,...
NO VÍDEO PODEDES VER O BEN QUE TRABALLAN E O AUTÓNOMOS QUE SON OS LEOPARDOS.
FIXERON TRABALLOS FERMOSÍSIMOS !!!

POR ISO, A PROFE DESEXA QUE FAGADES ESTES DÍAS UNHA COLAXE CON MATERIAL QUE TEÑADES NA CASA. MANDÁDEO SE VOS APETECE AO CORREO quintela5anos@gmail.com.
BÓTOVOS MOITO DE MENOS, LEOPARDOS. 
UN BICO DE PARTE DE ANA.


RECURSOS CON PICTOGRAMAS

"Aprendices Visuales" ofrece un conto con pictogramas gratuíto para que o lavado de mans dos nenos e nenas sexa máis divertido. Tamén teñen actividades e unha tira de pasos moi chula para colgar no baño e outros contos con pictogramas.  Están fecendo unha campaña para que chegue a todos os nenos e nenas. Podedes vela e descargar o conto no seguinte enlace:
  https://aprendicesvisuales.com/p/lasmanosdejose/



27/03/20

A CASIÑA DOS NÚMEROS

ESTA ACTIVIDADE, PROPIA DO MÉTODO ABN, É MOI INTERESANTE PORQUE AXUDA OS NENOS E NENAS A TRABALLAR A DESCOMPOSICIÓN NÚMERICA, O CONTEO, A LÓXICA, A GRAFÍA DOS NÚMEROS, ETC 



26/03/20

XOGOS EDUCATIVOS

AQUÍ VOS DEIXAMOS TRES XOGOS ÓS QUE LLES ENCANTA XOGAR ÓS PEQUENOS E PEQUENAS DO COLE. ATOPAREDES MÁIS XOGOS NA BARRA LATERAL DO BLOG:
 XOGOS EDUCATIVOS.
A PASALO BEN!




XOGO DA XUNTA DE CASTELA E LEÓN






 XOGO EDUCATIVO DA COMUNIDADE DE MADRID



IMOS XOGAR CON EDUCAMIGOS OS XOGOS QUE PON Á NOSA DISPOSICIÓN A COMUNIDADE DE CASTELA E LEÓN

24/03/20

TRABALLEMOS A MOTRICIDADE FINA

DEIXAMOS NESTA IMAXE VARIOS EXEMPLOS DE COMO TRABALLAR A MOTRICIDADE FINA NA CASA.


ESTE TIPO DE MOTRICIDADE É MOI IMPORTANTE PARA QUE OS NENOS E NENAS POIDAN EXPERIMENTAR COA CONTORNA QUE OS RODEA, PARA A SÚA AUTONOMÍA, PARA FAVORECER A APRENDIZAXE DA ESCRITURA E PARA QUE ADQUIRAN UNHA MAIOR CAPACIDADE INTELECTUAL.



21/03/20

TODO SAIRÁ BEN

TODO SAIRÁ BEN!!!
OS MÁIS PEQUENOS DO COLE MÁNDANNOS ESTA FERMOSA MENSAXE DENDE AS SÚAS CASAS. CON ESTES ARCOS DA VELLA DEMOSTRAN O SEU ÁNIMO E AS SÚAS GANAS DE QUE ESTA SITUACIÓN PASE E VOLVAMOS A VERNOS PRONTO.

BOTÁMOSVOS DE MENOS!!!









DÍA DA POESÍA

HOXE É 21 DE MARZO, O DÍA MUNDIAL DA POESÍA, E PARA CONMEMORALO E DARLLE UN POUCO DE LUZ E ALEGRÍA A ESTE COMPLICADO MOMENTO QUE ESTAMOS PASANDO, LEMBRAMOS ESTES VERSOS DE MANUEL MARÍA:

Engadir título

MENSAXES DE ESPERANZA DE 4º DE INFANTIL

19/03/20

XOGOS DOS CONTINENTES

OS PIRATAS ESTABAN A APRENDER ONDE SITUAR NO MAPA OS CONTINENTES E ALGÚN QUE OUTRO OCEÁNO. ESTES XOGOS PODEN AXUDALOS A ELES, E A TODOS OS DEMAIS, A REPASAR E APRENDER UN POUCO MÁIS SOBRE O MUNDO NO QUE VIVIMOS.


https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/ciencias-sociales/geografia/mapamundi-continentes





17/03/20

AS PREGUNTAS DE PACO

ANTES DA SUSPENSIÓN DAS CLASES PACO PEDIUNOS INVESTIGAR SOBRE DIFERENTES ASPECTOS RELACIONADOS COA XEOGRAFRÍA. PARA QUE DURANTE ESTES DÍAS NON  ESQUEZAMOS O APRENDIDO, DEIXÁMOSVOS ESTES VÍDEOS EDUCATIVOS SOBRE O TEMA QUE ESTÁ A TRABALLAR CADA AULA.

4º EI: MARES E OCÉANOS





 5º EI O MAPA DO MUNDO: CONTINENTES, MARES E OCÉANOS





 6º EI: VIAXE POLO MUNDO (EXIPTO E CHINA)


 

16/03/20

RECOMENDACIÓNS PARA CASA

CONTO CORONAVIRUS

OS XOVES CONTAMOS NÓS: JULIA

O XOVES TOCOULLE A JULIA LERNOS UN CONTO AOS LEOPARDOS. NESTA OCASIÓN DISFRUTAMOS DO DIVERTIDO CONTO "LADRÓN DE GALLINAS".



VISITA DE VÍCTOR A CUARTO DE INFANTIL

HAI UNS DÍAS (CANDO AÍNDA TIÑAMOS CLASE), VEUNOS VISITAR VÍCTOR, O PAI DE ÁLEX:
É REMEIRO DO EQUIPO DE VETERANOS DE TIRÁN E EXPLICOUNOS COMO SON AS TRAÍÑAS, AS REGATAS, COMO ENTRENAN E LIMPAN AS EMBARCACIÓNS ANTES DE GARDALAS,...





...E Ó FINAL, MONTAMOS A NOSA PROPIA TRAÍÑA E REMAMOS!





PASÁMOLO EN GRANDE!
MUITAS GRAZAS, VÍCTOR!


13/03/20

INFORMACIÓN SOBRE A SUSPENSIÓS DAS CLASES

PARA O ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA
Seguindo as instrucións da Consellería de Educación, as clases e demais actividades académicas , xunto cos servizos de plan Madruga, comedor e actividades extraescolares, quedan suspendidas desde o luns 16 de marzo.
Desde o centro facemos un chamamento para extremar as medidas de precaución, hixiene e aillamento ditadas polas institucións sanitarias, colaborando así co mínimo espallamento da infección. 
O centro permanecerá aberto ata vindeiras recomendacións da Consellería, pregando que vos comuniquedes vía telefónica para calquera aclaración que precisedes.
PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA:
A partir das 12 h. do día de hoxe 13 de marzo e ata as 6 da tarde, as familias poden pasar polo centro para recoller material e tarefas para os cursos de 1º a 6º  de Primaria.
En canto ao seguimento das tarefas, o profesorado estará a disposición de cada titoría a través do correo electrónico indicado nas instrucións destas.
A dirección

11/03/20

VISITA DE CONCHA A CUARTO DE INFANTIL

EN CUARTO DE INFANTIL ESTAMOS TRABALLANDO NUN PROXECTO SOBRE O MAR E INVITAMOS AS FAMILIAS A VIR Á NOSA CLASE PARA COMPARTIR CON NÓS AS SÚAS EXPERIENCIAS E COÑECEMENTOS RELACIONADOS CO MAR:
A SEMANA PASADA RECIBIMOS A VISITA DE CONCHA, A AVOA DE CARME, 
QUE TRABALLOU DE MARISCADORA E NOS ENSINOU COUSAS MOI INTERESANTES.

08/03/20

OS XOVES CONTAMOS NÓS: NAIMA E CLARA

A SEMANA PASADA CLARA CONTOUNOS O CONTO DA EITORIAL KALANDRAKA, "XAIME E AS LANDRAS".
  E ESTA SEMANA TOCOULLE O TURNO A NAIMA QUE NOS CONTOU O CONTO "SOPA VERDE", DA MESMA EDITORIAL. POUCO A POUCO, OS LEOPARDOS SE VAN ANIMANDO PARA CONTAR CONTOS OU RECITAR UNHA POESÍA. QUE MAIORES!!!

05/03/20

SEGUIMOS COMPARTINDO LECTURAS

OS LEOPARDOS E O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA VOLVERON COMPARTIR LECTURAS NA BIBLIOTECA DO COLEXIO. CADA NENO/A APADRIÑA A UN LEOPARDO  E DISFRUTAN XUNTOS DUN CONTO ESCOLLIDO POR ELES. 




BUSCA DO TESOURO EN 5º DE INFANTIL

O noso proxecto PIRATAS rematou con esta actividade onde os nenos e nenas de 5º de Infantil demostraron as súas habilidades e coñecementos para así chegar ata o tan desexado tesouro

03/03/20

APADRIÑAMENTO LECTOR

NA AULA DE 4º DE INFANTIL RECIBIMOS A VISITA DAS NENAS E NENOS DE 5º DE PRIMARIA QUE VAN SER AS NOSAS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES, COS QUE COMPARTIREMOS Ó LONGO DO CURSO DIVERSAS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA LECTURA.