16/02/20

OS XOVES CONTAMOS NÓS: LUCÍA E MARIO

A SEMANA PASADA, LUCÍA CONTOUNOS O COÑECIDO CONTO DA ED. KALANDRAKA, "OS CHIVOS CHIVÓNS", UN FERMOSO CONTO QUE CONTOU MARABILLOSAMENTE BEN. NORABOA!!!


E ESTE XOVES, TOCOULLE O TURNO A MARIO, QUE NOS CONTOU O CONTO TITULADO "¿QUIEN ES?".
 ENCANTOUNOS!!!

13/02/20

EXPOSICIÓN SOBRE EXIPTO

OS PIRATAS DE 5º DE INFANTIL SABEN UNHA CHEA DE COUSAS SOBRE EXIPTO E POR ISO ESTÁN INVITANDO A OUTRAS NENAS E NENOS DO COLE Á SÚA CLASE PARA CONTARLLES TODO O QUE APRENDERON O CURSO PASADO SOBRE PIRÁMIDES, SARCÓFAGOS, MOMIAS E MOITO MÁIS.


 

12/02/20

COMPARTINDO LECTURAS

OS LEOPARDOS E OS NENOS E NENAS DE 3º DE PRIMARIA COMPARTIMOS LECTURAS HOXE NA HORA DE LER NA BIBLIOTECA, GOZANDO COS CONTOS E COA  COMPAÑÍA.
UN CURSO MÁIS DISFRUTAMOS DESTA ACTIVIDADE, APADRIÑAMENTO LECTOR, PROMOVIDA POLA BIBLIOTECA.






10/02/20

VEN A QUINTELA!!!

VEN A QUINTELA!! 
Comparte connosco o noso proxecto educativo, onde as familias aportan e importan; as emocións axudan a medrar e as competencias trazan o camiño cada día. 
Agardamos as vosas solicitudes!
O vindeiro 1 de marzo ábrese o prazo de admisións de solicitudes de matrícula.

PACO QUERE SABER : VIAXAMOS




06/02/20

XOGANDO COA LUZ

Hoxe na clase d@s piratas xogamos aos recunchos dunha maneira diferente. A luz ultravioleta fíxonos descubrir diferentes sensacións, xogos e cores.
Pasámolo xenial!

05/02/20

DÍA DA PAZ

Día escolar pola paz e a non violencia. O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz dun xeito especial, incidindo na mellora da convivencia e compartindo emocións e aprendizaxes. Foi unha xornada na que todo o cole, alumnado e profesorado participou. Organizamos obradoiros integrais, con agrupamentos de diferentes idades e con propostas variadas, desde as plásticas, rítmicas, audiovisuais, contacontos ou  xogos cooperativos. A experiencia foi avaliada como moi positiva, tanto polo alumnado como polo profesorado.