Onte, os nenos/as de 5º de primaria cos NOSOS afillados/as lectores tivemos unha xornada de convivencia.
No colexio de Quintela dámoslle moita importancia á alimentación saudable, polo que todos os anos participamos no proxecto Aliméntate ben, dentro dos Plans Proxecta.
Esta semana e a que vén merendamos todos froita no cole e aproveitamos esta gran oportunidade para facer una obradoiro de froita, na que participaron as dúas clases, polo seu vínculo especial de ser padriños e afilllados lectores.
Tivemos que facer unhas simpáticas figuras coa froita e outros ingredientes que utilizamos para decorar.
E, como non, aproveitamos a visita para ler contos xuntos.
Foi moi divertido!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.