27/02/19

OS MARTES CONTAMOS NÓS: AITOR

SEGUIMOS UNHA SEMANA MÁIS COA ACTIVIDADE OS MARTES CONTAMOS NÓS, NA CLASE DE 6º DE INFANTIL. 
NESTA OCASIÓN, AITOR SORPRENDEUNOS CUNHA POESÍA TITULADA "LOBITO BUENO". 
FELICIDADES AITOR!!!

CHEGOU O DÍA MÁIS ESPERADO

FAI O QUE CHE DEA A GANA, PERO O MÉRCORES VEN EN PIXAMA!







CANS, TARTARUGAS E DINOSAURIOS NO XIMNASIO



 







25/02/19

DE INVITADO OU DE FIGURANTE, VEN DE VODA OU ELEGANTE

AS TARTARUGAS FIXERON CASO A PACOMECO E ESTE LUNS VIÑERON ASÍ DE ELEGANTES





E ASÍ DE GUAPOS E GUAPAS VIÑERON OS CANCIÑOS!


E COA CLASE DE 5º DE INFANTIL 
XA ESTAMOS TOD@S LIST@S





24/02/19

HORTA INFANTIL

A SEMANA PASADA EMPEZAMOS A TRABALLAR NA HORTA PLANTANDO LEITUGAS. AGORA TEMOS QUE REGALAS E AGARDAR A QUE VAIAN MEDRANDO.










OS MARTES CONTAMOS NÓS: PABLO

ESTA SEMANA, PABLO TROUXO DOUS CONTOS QUE LLE GUSTAN MOITO AO COLE.
 CONTOUNOS UN DA PATRULLA CANINA TITULADO "PREPARADOS, LISTOS, AL AGUA" E OUTRO SOBRE OS ANIMAIS DO MAR.
NORABOA...FIXÉCHELO DE MARABILLA!!!

20/02/19

FÓSILES NO AREEIRO DE QUINTELA

Os dinosauros dan as últimas pinceladas ó seu proxecto.


 E agora xa son PALEONTÓLOG@S.Gozaron un montón!!!


 

OS NOSOS NARCISOS XA MEDRARON

NO PRIMEIRO TRIMESTRE, OS CANCIÑOS PLANTAMOS NARCISOS NUNHA PEQUENA MACETA. DESPOIS DE SEMANAS ESPERANDO, OBSERVANDO E REGANDO AS NOSAS QUERIDAS PLANTAS, POR FIN MEDRARON. E ,COMO NON, APROVEITAMOS PARA TRABALLAR AS MATEMÁTICAS, E ASÍ SABEMOS CANTO MEDRARON, UTILIZANDO UNHA REGRA "DE MAIORES", E APUNTÁMOLO NA NOSA FOLLA DE INVESTIGACIÓN.
XA BOTARON FLOR E AGORA XA TOCA LEVALOS PARA CASA E SEGUIR COIDANDO O NOSO NARCISO.







17/02/19

OS MARTES CONTAMOS NÓS: NAHARA

ESTA SEMANA TOCOULLE O TURNO A NAHARA, QUE NOS LEU O CONTO DE "YO MATARÉ MONSTRUOS POR TI".
PARECE QUE OS CANCIÑOS/AS SE VAN ANIMANDO ... E A ACTIVIDADE CADA VEZ TEN MÁIS ÉXITO.

14/02/19

NOVO PROXECTO EN 4º DE INFANTIL

Hoxe cando chegamos á clase tiñamos unha sorpresa! Debaixo dunha tea había algo escondido. Aí comezou a expectación !
- Que será?
- Unha tartaruga?
- Un xogo?
- Unha tele?


Pois NON! Resulta que era UNHA MÁQUINA DO TEMPO!
Esta máquina do tempo tiña unha foto. Algúns pensaron que o que saía nela eran montañas pero outros souberon que eran PIRÁMIDES! As pirámides de EXIPTO!!!



A partir de hoxe as tartarugas van empezar a investigar e aprender unha chea de cousas sobre esta época e país tan especial. Porque os peques do cole tamén poden aprender "cousas de maiores" e imos demostralo!
Xa empezamos a montar a recuncho do novo proxecto!





13/02/19

PROXECTO DINOSAUROS

Todo comezou cunha votación en xuño do 2018 pensando na nosa futura clase de "maiores".20 de 23 querían ser DINOSAUROS.

DESEXO.......CUMPRIDO


Despois de moito traballo este é o resultado final da nosa investigación (aínda por rematar algún aspecto)
 Todos e todas aprenderon moitísimo e por suposto a profe, xa que algúns xa eran uns expertos no tema.
Os medos dos primeiros días de non chegar á totalidade do alumnado quedaron en nada xa que TODOS E TODAS estiveron entusiasmados co tema, tanto que podía apreciarse na súa roupa ou complementos
SI,SI EN TODA A ROUPA 


Grazas ós libros,vídeos e manipulación dos dinosaurios fomos quen de deducir e asimilar moita información.

Aqui tedes un PEQUENO RESUMO do aprendido.












ALUMNO Nº1: E AGORA QUE XA SABEMOS TODO DOS DINOS??? QUE VAMOS A ESTUDIAR PROFE???
ALUMNO Nº2:  PUES TENEMOS QUE VOTAR A VER QUE SALE


MES DO AMOR E A AMIZADE EN 4º DE EI

NO MES DO AMOR E A AMIZADE AS TARTARUGAS FIXEMOS UN SORTEO PARA QUE CADA NENO E NENA FIXERA UN AGASALLO A UN COMPAÑEIRO E ASÍ DARLLE AS GRAZAS POLA SÚA AMIZADE.
AQUÍ TEDES O RESULTADO EN FORMA DE VÍDEO


07/02/19

POEMA DE GLORIA FUERTES

POLA CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ, OS CANCIÑOS RECITÁMOSLLE UN POEMA DE GLORIA FUERTES, "SÓ TRES LETRAS", AOS NENOS E NENAS DE 1º DE PRIMARIA. 



06/02/19

Os padriños e madriñas len contos



Hoxe, estivemos cos nosos padriños e madriñas na biblioteca. Os nenos e nenas de 5º E.P. estiveron léndonos contos. Pasámolo moi ben!