31/01/19

OS DINOSAUROS COS SEUS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES


HOXE TIVEMOS A VISITA DOS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA NA NOSA AULA.

RECITAMOS A NOSA POESÍA DA PAZ CON MOITA ILUSIÓN



ELES FIXERON UN RAP COA POESÍA DE GLORIA FUERTES "SÓ TRES LETRAS" QUE ADEMAIS XA COÑECEMOS DO ANO PASADO.



 




PROMETERON QUE VOLTARÁN PRONTO.



30/01/19

AS MENSAXES DE PAZ DOS NENOS E NENAS DO CEIP QUINTELA

A PAZ COMEZA CUN SORRISO

A PAZ COMEZA CUN SORRISO
CON ESTA FERMOSA MANUALIDADE E CON ESE MURAL TAN FERMOSO DE MANDALAS DA PAZ OS NENOS E NENAS DE QUINTELA CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ





OS DINOSAUROS VISITAN AS TARTARUGAS

COMEZAMOS O DÍA DA PAZ RECITANDO UN POEMA DE XOSÉ NEIRA VILAS


 

29/01/19

AS TARTARUGAS ES AS NENAS E NENOS DE 3º DE PRIMARIA RECITAN O SEU POEMA DA PAZ

O GRUPO DE 3º DE PRIMARIA SON OS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES. XA VAN DÚAS VECES QUE VEÑEN Á AULA E CONTAN UN CONTO ÁS TARTARUGAS QUE APADRIÑAN.
NESTA OCASIÓN, APROVEITANDO O DÍA DA PAZ, RECITAMOS OS POEMAS QUE AMBOS OS GRUPOS APRENDERAN.

O POEMA DAS TARTARUGAS É UNHA VERSIÓN DUN POEMA DE GLORIA FUERTES TITULADO SÓ TRES LETRAS

Só tres letras,
tres letras nada máis,
para cantar paz
para facer paz.
O P de pobo.
o A de amor
e o Z para o final




O POEMA DE 3º DE PRIMARIA É O REINO, DE CELSO EMILIO FERREIRO



28/01/19

INAGURACIÓN DA NOVA PIZARRA NO PATIO DE INFANTIL

DAMOS AS GRAZAS O ANPA POLO SEU TRABALLO E DEDICACIÓN 
POR AXUDAR A MELLORAR OS ESPAZOS DO NOSO CENTRO.

FOI TODO UN ÉXITO !




TRABALLANDO NA PREGUNTA DE PACO

24/01/19

ESCORNABOT EN 6º DE INFANTIL

UNHA VEZ MÁIS OS CANCIÑOS XOGAMOS E APRENDEMOS CO ESCORNABOT. 
 NESTA OCASIÓN XOGAMOS CUN DADO.

23/01/19

O INVERNO INVADE A AULA DOS DINOSAUROS




La mayor señal del éxito de un profesor es poder decir: "ahora los niños trabajan como si yo no existiera"

 Tal e como di un dos 10 principios Montessori, iso intento facer no día a día na aula dos dinosauros

22/01/19

OS MARTES CONTAMOS NÓS: VALERIA

ESTA SEMANA  TOCOULLE O TURNO A VALERIA, QUE NOS CONTOU O CONTO  "A NOITE DAS MUDANZAS".
FELICIDADES...FIXÉCHELO XENIAL!!!



21/01/19

Proxecto Quintela Films

Este curso imos investigar sobre como facer vídeos para a tele. O ratiño Paco ten unha mensaxe para os Dinosauros, os Canciños e as Tartarugas
:

20/01/19

COMPOSTAXE INFANTIL

O alumnado de 6º de Infantil participou este venres nunha actividade de compostaxe infantil, organizada pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Revitaliza. O título da actividade é "Quen vive aí?". Rocío, a monitora da actividade, explicounos de onde sae o COMPOST ou "terra máxica", como lle chamou ela, e a importancia dos composteiros.
No obradoiro xogamos a facer maxia con material de refugallo, fixemos parellas con Ecocol, a súa mascota, plantamos con "terra máxica", visualizamos un vídeo,... e aprendemos un montón de cousas interesantes.
Agora xa sabemos o que pasa na composteira que temos no noso colexio e que pasa cos restos orgánicos que botamos na nosa papeleira verde. 



16/01/19

OS MARTES CONTAMOS NÓS: ZAIRA

ESTA SEMANA, NA CLASE DOS CANCIÑOS, EMPEZAMOS UNHA NOVA ACTIVIDADE QUE SE CHAMA "OS MARTES CONTAMOS NÓS". 
COMO NOS ENCANTAN OS CONTOS E XA SOMOS MOI MAIORES, A PARTIR DE AGORA OS MARTES TÓCANOS A NÓS CONTAR OS CONTOS OU RECITAR UNHA POESÍA AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS.
ESTE MARTES COMEZAMOS  CON ZAIRA, QUE NOS CONTOU O CONTO  "O MONSTRO DE CORES". FELICIDADES ZAIRA POLO BEN QUE O FIXECHES!!!





11/01/19

COMEZA O SEGUNDO TRIMESTRE NA CLASE DAS TARTARUGAS

COMEZAMOS ESTE TRIMESTRE XOGANDO CO AGASALLO QUE NOS TROUXERON OS REIS CANDO VISITARON O COLE, UNS BLOQUES XEOMÉTRICOS PARA A NOSA MESA DE LUZ





ADEMAIS HOXE TAMÉN XOGAMOS COA REALIDADE AUMENTADA GRAZAS Á APLICACIÓN QUIVERVISION.

PARA SEGUIR XOGANDO NA CASA PODEDES DESCARGAR ESTA APP NO MÓBIL OU TABLET E ASÍ IMPRIMIR, COLOREAR E CREAR NOVAS IMAXES EN 3D.