30/10/18

Padriños lectores no día das bibliotecas

No día das bibliotecas escolares, o 24 de outubro, a clase de 5º recitou á clase de 6º de Infantil o poema de Antonio Rubio "Cajitas frutales, do seu libro "Versos vegetales". Así empezamos a actividade de apadriñamento lector, esperamos ter moitas máis este curso.
A clase de 6º de Infantil tamén  agasallou  os seus padriños lectores co poema de Manuel María "O arco da vella":

07/10/18

OS CANCIÑOS

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO, AÍNDA QUE ESTE CURSO XA NON SOMOS OS GATIÑOS, SENÓN A CLASE DOS CANS
XA ESTAMOS MOI MAIORES E AGORA, XA NO COLE DE ARRIBA, ESTAMOS PREPARADOS PARA APRENDER MOITO E PASALO MOI BEN.


O PRIMEIRO DÍA DE COLE, PACO AGASALLOUNOS COA LECTURA DUN FERMOSO CONTO DA EDITORIAL KALANDRAKA, TITULADO "AS TRES CURUXIÑAS".



04/10/18

OS DINOSAUROS

AS TARTARUGAS DO ANO PASADO XA CAMBIARON DE AULA E ESTE ANO SON DIIINOOSAUROOSSS
ASÍ FOI COMO COMEZAMOS O CURSO( VENDO UN CONTO) Ó AIRE LIBRE E MOI CONTENTOS DE VOLTAR A SER UN GRAN EQUIPO

01/10/18

BENVIDAS TARTARUGAS

OLA, SOMOS AS TARTARUGAS DE QUINTELA ... OS PEQUEN@S DO COLE. AÍNDA QUE HAI POUQUIÑO QUE ESTAMOS NO COLE, XA FACEMOS MOITAS COUSAS: XOGAMOS, PINTAMOS, CONSTRUíMOS, CANTAMOS, XOGAMOS NO PATIO, ...XA VOS IREMOS CONTANDO MÁIS COUSAS. ESTADE MOI ATENTOS!!!