28/05/18

AS FAMILIAS CONTAN EN 5º DE INFANTIL

NA CLASE DOS GATIÑOS SEGUIMOS CONTANDO CONTOS. ESTA VEZ TOCOULLE O TURNO A TANIA, A NAI DE LOIS, QUE  NOS LEU DOUS CONTOS MOI DIVERTIDOS:
"OS CHIVOS CHIVÓNS" E "TODO SOBRE GATOS".

 


MOITAS GRAZAS!!!

25/05/18

VISITA Á EXPOSICIÓN INTERACTIVA

HOXE, OS GATIÑOS, VISITAMOS A EXPOSICIÓN INTERACTIVA DAS LETRAS GALEGAS QUE ELABOROU TODO O ALUMNADO DO COLE, SOBRE A VIDA E OBRA DE MARÍA VICTORIA MORENO.
ATÓPASE NA ENTRADA DO COLEXIO E PODEDES VISITALA POLAS TARDE DE 3.30h A 5.30h ATA O 10 DE XUÑO.
A EXPOSICIÓN CONTA CON CONTIDOS AUDIOVISUAIS AOS QUE SE PODE ACCEDER COAS TABLETS QUE POÑEMOS Á VOSA DISPOSICIÓN , SOLICITÁNDOAS ÁS MESTRAS DE GARDA.






TEMOS UNHA TARTARUGA MÁIS CON 4 ANOS: SARA ESTIVO DE CUMPRE FAI 2 DÍAS.


FELIZ ANIVERSARIO, SARA!

21/05/18

OS TRABALLOS DAS FAMILIAS DOS GATIÑOS

A SEMANA PASADA TIVEMOS A VISITA DE IAGO, O PAI DE UXÍA, QUE É ENXEÑEIRO. TRABALLA NUNHA FÁBRICA QUE FAI PEZAS PARA OS COCHES.
ENSINOUNOS UNS VÍDEOS PARA EXPLICARNOS O SEU TRABALLO E TROUXO ALGUNHAS PEZAS QUE FAN NA  SÚA FÁBRICA.
FOI MOI INTERESANTE.
GRAZAS!!!




AS FAMILIAS CONTAN DE NOVO

NA CLASE DOS GATIÑOS TIVEMOS OUTRA FAMILIA QUE SE ANIMOU A CONTAR CONTOS. ESTA VEZ TOCOULLE A SOLE, A NAI DE ÓSCAR, QUE NOS CONTOU UN CONTO DE EXCAVADORAS E OUTRO DA COLECCIÓN DE TEO.
GRAZAS DE NOVO POLA VISITA!!


15/05/18

OS MARTES CONTAMOS NÓS

HOXE REMATAMOS AS SESIÓNS DE CONTACONTOS DOS MARTES (XA CONTAMOS TODOS OS TIGRES)  E TOCOULLE A AIXA, QUE NOS AGASALLOU COAS PERIPECIAS DE DAISY NA PRIMEIRA SEMANA NA ESCOLA DE VACAS.








                     MOITAS GRAZAS, AIXA!

                               E MOITAS GRAZAS A TODAS E TODOS,
                                PORQUE O FIXESTES MOI MOI BEN! 

14/05/18

ABRIL, MES DO LIBRO

ESTAS SON ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS OS NENOS E NENAS DE 5º DE INFANTIL POLA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO.

AS TARTARUGAS ESTAMOS ENCANTADAS DE COÑECER CONTOS NOVOS

GRAZAS A FÁTIMA, A NAI DE SARA





A SUSANA, A NAI DE DANIELA






A  MARÍA, A NAI DE ANDRÉ






E A RAQUEL, A NAI DE ANA



10/05/18

AS FAMILIAS DE 5º DE INFANTIL SEGUEN CONTANDO

ESTA SEMANA TIVEMOS A VISITA DE TRES FAMILIAS NA CLASE DOS GATIÑOS.

A MAMÁ DE ENZO, CONTOUNOS DOS CONTOS QUE NON COÑECIAMOS: "OS WOMBIS E A ESCURIDADE" E "TE QUIERO (CASI SIEMPRE)".




O AVÓ DE AROA, CONTOUNOS A HISTORIA DUN INDIO, "O PEQUENO HIAWATHA", E A DIVERTIDA HISTORIA DE "RICITOS DE ORO".


A AVOA DE CARMEN CONTOUNOS TAMÉN DOUS CONTOS , "UN MÁIS" E "ONCE DAMAS ATREVIDAS", DA ED. KALANDRAKA.


 

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS!!!


09/05/18

AS FAMILIAS CONTAN EN 6º DE INFANTIL

HOXE VEU NOEMÍ, A NAI DE ERIK, CON DOUS CONTOS DE DISNEY: DINOSAURIO E EL REY LEÓN.
LEUNOS A HISTORIA DOS DINOSAUROS , PERO COMO A DE SIMBA XA A COÑECIAMOS, CONTÁMOLA ENTRE TODOS. 




 



MOITAS GRAZAS!

08/05/18

AS LEITUGAS VAN MEDRANDO

OS MARTES TÓCANOS AOS GATIÑOS REGAR A HORTA ASÍ QUE HOXE ALÁ FOMOS PARA VER COMO MEDRARAN AS NOSAS LEITUGAS E REGALAS, QUE ESTES DÍAS HAI MOITO CALOR. 
ENCÁNTANOS A MANGUEIRA!!!