30/04/18

AS FAMILIAS CONTAN EN 6º DE INFANTIL

OUTRA DOBRE SESIÓN DE CONTACONTOS:


     EMPEZAMOS A MAÑÁ  CON MARÍA, A NAI DE TOMÉ, QUE NOS CONTOU DÚAS BONITAS HISTORIAS SOBRE A AMISTADE:OS FANTASMAS NON PETAN NA PORTA E CALVIN NO SABE VOLAR .


 














E REMATAMOS CON LOREA, A IRMÁ DE NORA, QUE VEU CARGADA DE PELUCHES  PARA CONTARNOS DOUS FERMOSOS CONTOS DE ANIMAIS:
O RAPOSO RUFO E TE QUIERO MAMÁ.




MOITAS GRAZAS!

29/04/18

A FROITA NA CLASE DOS GATIÑOS

NO COLEXIO DESENVOLVEMOS O PROXECTO "QUE RICA FROITA", POLO QUE ESTAS ÚLTIMAS DÚAS SEMANAS MERENDAMOS FROITA: PLÁTANOS, NÍSPEROS, AMORODOS, MANDARINAS E MAZÁS.
QUE RICA FROITA!!!


28/04/18

AS FAMILIAS CONTAN

ESTA SEMANA OS GATIÑOS TIVEMOS A VISITA DA NAI DE VALERIA, QUE NOS CONTOU DOUS CONTOS MOI CHULOS, "O COELLIÑO BRANCO" E "HA NACIDO UNA MOONFLOWER".
GRAZAS POLA TÚA VISITA!!! 






26/04/18

AS FAMILIAS CONTAN EN 6º DE INFANTIL

JAVI, O PAI DE ANCOR, CONTOUNOS UN CLÁSICO QUE NOS ENCANTA,LOS SIETE CABRITILLOS Y EL LOBO.































E TRÓUXONOS UNS DEBUXOS PARA COLOREAR, QUE QUEDARON ASÍ DE BEN:




                          MOITAS GRAZAS!

COÑECEMOS UN XOGO NOVO NAS SEMANAS DAS FROITAS



ENCÁNTALLES XOGAR COS CARROS DA COMPRA E COAS FROITAS.
TRABALLAMOS AS FROITAS , O CONTEO E AS SERIES

25/04/18

CONTAMOS CONTOS EN INGLÉS

ALANA É A AUXILIAR DE CONVERSA QUE NOS ACOMPAÑA ESTE CURSO NO COLE. ELA AXÚDANOS A DESENVOLVER A COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN INGLÉS, E QUE MELLOR MANEIRA QUE CUNS DIVERTIDOS CONTOS.
ESTE MES CONTOUNOS ESTES DOUS CONTOS DA EDITORIAL COMBEL.
GRAZAS ALANA!!!






OS GATIÑOS PLANTAMOS NA HORTA

OS GATIÑOS PLANTAMOS NA HORTA UNHAS RICAS LEITUGAS E UNS CABACIÑOS. AGORA TOCA REGAR A HORTA E ESPERAR QUE MEDREN.



AS FAMILIAS CONTAN EN 6º DE INFANTIL


MARÍA, A NAI DE AITANA, CONTOUNOS UN CONTO DE MEDO PARA NON TER MEDO:¿QUIÉN ES?













         E DESPOIS, COA AXUDA DE AITANA,
 A HISTORIA DO GALO QUIRICO:
   



                                                    MOITAS GRAZAS!



24/04/18

AS FAMILIAS CONTAN EN 6º DE INFANTIL

HOXE, PROGRAMA DOBRE :

NAYARA, A NAI DE KARLA ,CONTOUNOS A TRISTE E FERMOSA HISTORIA DE 
EFÍMERA








E REBECA, A NAI DE IAGO TRÓUXONOS DOUS CONTOS PRECIOSOS DE AMORES DE MAMÁS E FILLAS: ADIVINA CÚANTO TE QUIERO E A VACA QUE PUXO UN OVO


















                  MOITAS GRAZAS!

OS MARTES CONTAMOS NÓS

ASIER SORPRENDEUNOS HOXE: NON TRAÍA UN CONTO, SENÓN UNHA FERMOSA
POESÍA DE ISABEL BARRIEL , QUE RECITOU DE MARABILLA E NOS ENCANTOU.


 


23/04/18

DÍA DO LIBRO EN 6º DE INFANTIL

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO, HOXE TIVEMOS A HORA DE LER NO PATIO E RECIBIMOS UNHAS FERMOSAS CHAPAS COMO AGASALLO DE PACO.





.

ARTE CON FROITA EN 6º DE INFANTIL


O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL FIXO UN OBRADOIRO DE FROITA AXUDADO POLOS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA.
ELABORARON DEBUXOS DIVERSOS CON ANACOS DE FROITA QUE PREVIAMENTE PREPARARON EN 4º DE PRIMARIA.
QUEDOULLES XENIAL E, O MELLOR DE TODO, E QUE ESTABAN DELICIOSOS!!!


AS TARTARUGAS E OS CONTOS NO MES DO LIBRO

VISITAMOS A EXPOSICIÓN DA BIBLIOTECA PARA ELIXIR O NOSO CONTO FAVORITO E ANOTALO

AS FAMILIAS VISITAN A AULA PARA LER CONTOS NO MES DO LIBRO, DESTA VEZ OS ELIXIDOS FORON:
BAMBI,


MENUDOS ANIMALES(JANA Y MAURO EN CABÁRCENO)CANTABRIA


 E PETE O GATO.I LOVE  MY WHITE SHOES