23/03/18

AS TARTARUGAS TRABALLAN EN RECANTOS

NESTE VÍDEO TEMOS UNHA PEQUENA MOSTRA DE TODO O QUE TRABALLAN AS TARTARUGAS NO COLE, XA QUE NOS TRABALLOS DA BOLSIÑA É MOI COMPLICADO COMPRENDER TODO O PROCESO DE EXPERIMENTACIÓN E MANIPULACIÓN QUE EXISTE ANTES.
NA AULA TEMOS DIFERENTES RECANTOS POLOS QUE PASAMOS Ó LONGO DA SEMANA
 -O RECANTO DE PUZLES
-O RECANTO DE CASIÑA
-O RECANDO DE COCHES, ANIMAIS E CONSTRUCIÓNS
-O RECANTO DE NÚMEROS (QUE ELES CHAMAN O RECANTO DE POMPÓNS)
-O RECANTO DE PLASTILINA

TAMÉN XOGAMOS COAS LETRAS DOS NOMES, COS SENTIDOS, E CON XOGOS DE MESA COMO O DOMINÓ

 ¡¡ATA A VOLTA !!


 

AS TARTARUGAS COCIÑAN PIZZAS

22/03/18

ENZO XA TEN 4 ANOS


EDUCACIÓN EMOCIONAL EN INFANTIL


Durante este trimestre traballamos esas emocións que ás veces conseguen que fagamos cousas das que logo nos arrepentimos. Falamos sobre o enfado, os nervios e algúns conflitos e como podemos evitar actuar mal cando nos sentimos así. En definitiva, mellorar a nosa tolerancia á frustración e aprender a xestionar as nosas emocións.
Para iso falamos, cantamos, debuxamos e xogamos. Aquí tedes algúns exemplos do noso traballo

O RAP DO ENFADO



A TÉCNICA DO SEMÁFORO




APP RESPIRA, PENSA, ACTÚA

Presenta situacións reais da vida cotiá dos nenos e nenas e como xestionalas. Eles axudan ao monstro a relaxarse, pensar solucións e actuar.


As nenas e nenos de infantil visitan os bombeiros

21/03/18

OS TRABALLOS DAS NAIS E DOS PAIS DE 6º DE INFANTIL

O LUNS RECIBIMOS A VISITA DE FRAN, O PAI DE ÁNGELA .
É SOLDADOR NUN BARCO E O SEU TRABALLO CONSISTE EN SOLDAR OS TUBOS POLOS QUE SE  TRANSPORTA O PETRÓLEO QUE EXTRAEN DO FONDO DO MAR AS PLATAFORMAS.
ENSINOUNOS FOTOS DOS BARCOS, DE COMO SOLDAN E COMO VAN SOLTANDO OS TUBOS NO MAR E TAMÉN TROUXO ALGUNHA DAS FERRAMENTAS QUE UTILIZA.






MOITAS GRAZAS!
 

OS MARTES CONTAMOS NÓS

ONTE JULEN TROUXO UN LIBRO ESPECIAL:TITÚLASE  COLORES E NEL, COMO POR ARTE DE MAXIA, IMOS DESCUBRINDO QUE PASA CANDO UNHAS CORES SE XUNTAN CON OUTRAS.
PARECEUNOS TAN INTERESANTE , QUE DECIDIMOS PROBAR CON PINTURA DE VERDADE...CANDO VOLTEMOS DAS VACACIÓNS.






                                     MOITAS GRAZAS! 





DÍA DA POESÍA

HOXE, 21 DE MARZO, CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA, CUN FERMOSÍSIMO POEMA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL 2017.



OS TRABALLOS DAS FAMILIAS DOS GATIÑOS

ONTE TIVEMOS A VISITA DE ARI, A NAI DE LIAH, QUE NOS ESTIVO EXPLICANDO OS DIFERENTES TRABALLOS QUE TIVO.
AGORA É AMA DE CASA, PERO TRABALLOU TAMÉN NUNHA CLÍNICA DENTAL, NUNHA CLÍNICA DE RAIOS X E NUN LABORATORIO, ANALIZANDO AS DIFERENTES ENFERMIDADES DOS PACIENTES. 
GRAZAS, UNHA VEZ MÁIS ,ÁS FAMILIAS POR COLABORAR!





19/03/18

HOXE TIVEMOS A VISITA DA NAI DE LUCÍA

ÁNGELA É AUXILIAR DE ENFERMERÍA E TRABALLA NO HOSPITAL.
ESTIVO FACENDO CURAS E ENSINOUNOS A TOMAR A TENSIÓN, A TEMPERATURA, A POÑER UNHA TIRITA, UNHA VENDA E O MAIS IMPORTANTE FALOU DE HÁBITOS DE VIDA SAÚDABLE PARA ESTAR SANS.
MOITAS GRAZAS

TEMOS A TARTARUGA MARA DE ANIVERSARIO

FELIZ ANIVERSARIO MARA



15/03/18

OS TRABALLOS DAS FAMILIAS DOS GATIÑOS: ADMINISTRATIVA

HOXE TIVEMOS A VISITA DE MÓNICA, A NAI DE ENZO, QUE É ADMINISTRATIVA NUNHA EMPRESA QUE FAI REFORMAS NAS CASAS, PISOS, LOCAIS,...
ENSINOUNOS FOTOS DO ANTES E O DESPOIS DAS OBRAS QUE REALIZAN, AS FERRAMENTAS QUE PRECISAN (RADIAL, ILLANTES, BROCHAS, PINTURAS, DIFERENTES TIPOS DE CHANS, TALADRO,...), OS PLANOS QUE FAI O ARQUITECTO PARA VER COMO VAI QUEDAR A REFORMA, A PALETA DE COLORES PARA VER DE QUE COR NOS GUSTARÍA TER A NOSA HABITACIÓN E UNS FERMOSOS PAPEIS PINTADOS.
MEDIMOS, COLOCAMOS O CHAN PARA VER COMO QUEDABA A NOSA CLASE, E COMO NON, BROCHA NA MAN, PUXÉMONOS A PINTAR E A DECORAR A NOSA CLASE.
GRAZAS MÓNICA, POLA TÚA VISITA!



13/03/18

OS MARTES CONTAMOS NÓS



HOXE TOCOULLE CONTAR A EVELYN E TROUXO UN CONTO TITULADO
 LA ROPA DE LULÚ, QUE NOS GUSTOU MOITO PORQUE TEN COUSAS PARA TOCAR, UNHA CREMALLEIRA PARA SUBIR E BAIXAR, UN LAZO PARA ATAR,..








MOITAS GRAZAS!



12/03/18

SONIA, A NAI DE NOELA, TRABALLABA NUNHA XOIERÍA E AGORA É AMA DE CASA

HOXE TIVEMOS A VISITA DE SONIA. ENSINOUNOS TODO O  QUE VENDÍA CANDO TRABALLABA NA XOIERÍA( PULSEIRAS,CADEAS, MARCOS DE PRATA, PILAS DE RELOXOS..)

AGORA DEDÍCASE A SER AMA DE CASA: FALAMOS DOS TRABALLOS QUE TEN:  PRANCHAR, LIMPAR, FACER A COMIDA, COIDAR OS FILLOS, E PARA ISO TIVEMOS A VISITA DO IRMÁN PEQUENO DE NOELA.

MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

OBRADOIRO DE LÓXICA MATEMÁTICA EN 6º DE INFANTIL



CADA MÉRCORES OS TIGRES ENTRENAN A SÚA ATENCIÓN, EMPREGAN A LÓXICA, TRABALLAN A SÚA MOTRICIDADE FINA, MELLORAN O SEU RAZOAMENTO MATEMÁTICO E DESENVOLVEN DIFERENTES XOGOS DE NUMERACIÓN, SERIACIÓN, SUBITIZACIÓN, COMPARACIÓN, SUMA E RESTA.
TODO ISTO PASÁNDOO XENIAL, QUE É O IMPORTANTE

10/03/18

DEGUSTACIÓN DE MEXILÓN EN 6º DE INFANTIL

ONTE OS TIGRES TIVEMOS UNHA MERENDA ESPECIAL : TEBI, O PAI DE AIXA, TRÓUXONOS MEXILÓNS PARA PROBAR , Ó NATURAL E EN ESCABECHE.
HOUBO ALGÚNS QUE NON SE DECIDIRON, PERO OUTROS...ATA REPETIRON.
E O QUE MÁIS ÉXITO TIVO FOI O BOCATA DE MEXILÓN.







MOITAS GRAZAS!

07/03/18

OS TRABALLOS DAS NAIS E PAIS DOS GATIÑOS: AUXILIAR DE ENFERMERÍA

HOXE VISITOUNOS SOLE, A NAI DE ÓSCAR, QUE É AUXILIAR DE ENFERMERÍA.
 ELA COIDA E AXUDA A XENTE MAIOR OU ENFERMA QUE O NECESITA.
ENSINOUNOS O UNIFORME QUE NECESITA PARA TRABALLAR...

...COMO FAI PARA ASEAR AS PERSOAS QUE NON PODEN LEVANTARSE...


E ENSINOUNOS O FONENDOSCOPIO E O TENSIÓMETRO.



GRAZAS SOLE, POLA TÚA VISITA!

OS GATIÑOS RECITAMOS

OS GATIÑOS APRENDEMOS NO MES DE FEBREIRO, O MES DO AMOR, UN FERMOSÍSIMO POEMA DE BICOS, DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.
 E APROVEITAMOS QUE ESTAMOS NO MES DA POESÍA PARA IR RECITAR O POEMA ,QUE NOS SABEMOS TAN BEN, AOS NENOS E NENAS DO COLE. NESTA OCASIÓN VISITAMOS A CLASE DOS TIGRES, AS TARTARUGAS, E OS NENOS E NENAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA. 
 MIRADE QUE BEN NOS SAÍU!!!


OS TRABALLOS DAS NAIS E DOS PAIS DE 6º DE INFANTIL

HOXE VISITOUNOS JULIO, O PAI DE IAGO, E FALOUNOS DO SEU TRABALLO DE ELCTRICISTA :FAI INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS PARA FÁBRICAS E PREPARA E ARRANXA ROBOTS (PERO NON COMO OS DAS PELÍCULAS, SENÓN DOS QUE SE EMPREGAN NAS FÁBRICAS PARA TRANSPORTAR AS MERCANCÍAS, PECHAR E ALMACENAR CAIXAS,...).



TAMÉN NOS ENSINOU A SÚA CAIXA DE FERRAMENTAS  E COMO SE MIDE  A CANTIDADE DE LUZ E A POTENCIA ELÉCTRICA QUE HAI NUNHA HABITACIÓN 
(NA NOSA AULA ERA A ADECUADA).


















                 



                                           



                          MOITAS GRAZAS!

O MELLOR CONTO E A MELLOR POESÍA DE FEBREIRO

DESPOIS DE FACER O RECONTO DE VOTOS E TER QUE DESEMPATAR, POR FIN XA TEMOS O CONTO  E A  POESÍA PREFERIDOS DO MES DE FEBREIRO:







AS TARTARUGAS EN PSICO

Na clase das tartarugas estamos a traballar a coordinación e o equilibrio nestas sesións de psicomotricidade.
Pasámolo moi ben cos circuitos que facemos!


RAQUEL É AXUDANTE DE VETERINARIA

HOXE TIVEMOS A VISITA DA NAI DE ANA, TRABALLA NUNHA CLÍNICA VETERINARIA COMO AUXILIAR E TAMÉN COMO PERRUQUEIRA. ENSINOUNOS AS BATAS DE TRABALLO QUE UTILIZA EN CADA CASO, E MOSTROU OS APARELLOS MÁIS HABITUAIS: O TERMÓMETRO,O FONENDOSCOPIO, O COLAR ISABELINO, O BOZO. AXUDARON A CURAR A MAX CON VENDAS. TAMÉN VIMOS O PEINE, AS TESOIRAS, O CORTAUÑAS E FOTOS DO GUAPAS QUE QUEDAN AS NOSAS MASCOTAS DESPOIS DE IR Á SÚA PERRUQUERÍA. AS TARTARUGAS QUEDARON ENCANTADAS.
MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

06/03/18

OS MARTES CONTAMOS NÓS.

HOXE CONTOU ANCOR UN CONTO CHULÍSIMO DOS PELELLIÑOS:
O PELELLIÑO GATO.




...E COMO NOS GUSTOU TANTO, 
Ó REMATAR PUXÉMONOS A DEBUXAR PELELLIÑOS.
MIRADE QUE BEN NOS SAÍRON!


MOITAS GRAZAS, ANCOR!

















 E COMO NOS GUSTOU TANTO, CANDO REMATOU PUXÉMONOS  A DEBUXAR PELELLIÑOS

A NAI DE ANTÍA É FARMACÉUTICA

HOXE TIVEMOS A VISITA DE NURIA PARA FALARNOS DO SEU TRABALLO NA FARMACIA. VIMOS A BATA BRANCA QUE LEVA NA FARMACIA,E APRENDEMOS TODO O QUE PODEMOS IR  MERCAR ALÍ, ADEMAIS TROUXO CREMA PARA HIDRATAR AS MANS. ANTÍA RODAS TAMÉN NOS CONTOU A QUE SE DEDICA O SEU PAI: TRABALLA FACENDO LATAS, E COMO AGASALLO CADA TARTARUGA LEVA UNHA LATA SORPRESA PARA ABRIR NA CASA COA SÚA FAMILIA.

¡MOITAS GRAZAS POLA VISITA!

05/03/18

CHOVE PARA OS TIGRES SOÑEN...

NA AULA DOS TIGRES APRENDEMOS UN FERMOSO POEMA DE UXÍO NOVONEYRA E DECIDIMOS FACER A NOSA PROPIA VERSIÓN.
A VER QUE VOS PARECE!



UNHA TARTARUGA MÁIS FAI 4 ANOS.FELIZ ANIVERSARIO, ANTÍA !



04/03/18

FEBREIRO, MES DO AMOR

OS GATIÑOS CELEBRAMOS O MES DO AMOR FACENDO UNS FERMOSÍSIMOS CORAZÓNS PARA OS COMPAÑEIROS/AS.


03/03/18

OS TRABALLOS DAS NAIS E DOS PAIS DE 6º DE INFANTIL

ONTE ESTIVO NA NOSA AULA SARA, A NAI DE DANIELLA.
É ENCARGADA NUNHA FÁBRICA DE CONXELADOS E EXPLICOUNOS QUE FAN ALÍ CO PEIXE, DESDE QUE LLES CHEGA DOS BARCOS ATA QUE SAE EMPAQUETADO E LISTO PARA QUE O COMPREMOS E POIDAMOS COCIÑALO.



MOITAS GRAZAS!


02/03/18

METEOQUINTELA NA CLASE DOS GATIÑOS

DURANTE ESTE CURSO, OS GATIÑOS  REXISTRAMOS O TEMPO DO CEO NUNHA GRÁFICA COLOCADA NA CLASE E O FINAL DE MES CONTAMOS E APRENDEMOS A LER A GRÁFICA: QUE FIXO MÁIS ESTE MES?, CANTOS DÍAS DE SOL TIVEMOS?, DE CHUVIA?, ... 




...E ELABORAMOS COS RESULTADOS UN REXISTRO PERSOAL