28/02/18

HOXE TIVEMOS A VISITA DE FÁTIMA. É VOLUNTARIA DE PROTECCIÓN CIVIL

A NAI DE SARA VISITOU ÁS TARTARUGAS CUN MONTÓN DE COUSAS QUE UTILIZA NO SEU TRABALLO. EXPLICOU CUN POWER POINT E DEIXOU QUE PUXERAN OS CASCOS, O COLLARÍN... TROUXO A BOMBONA DE OSÍXENO, DIFERENTES TRAXES E EXPLICOU EN QUE MOMENTO UTILIZABA CADA UN. TAMEN VEU CUN MALETÍN DE PRIMEIROS AUXILIOS, UN WALKY(QUE NON COÑECIAN) A CONCLUSIÓN FINAL FOI QUE OS VOLUNTARIOS DE PROTECCION CIVIL: AXUDAN OS DEMAIS; NOS ACCIDENTES,NOS INCENDIOS, CORTAN O TRÁFICO POLA RÚA (POR EXEMPLO NO CORRELINGUA E ENTROIDO), VAN OS MONTES A APAGAR O LUME, A BUSCAR A XENTE DESAPARECIDA, CURA FERIDAS.

FOI UNHA PENA NON VER O VEHÍCULO QUE UTILIZAN PARA TODO ISTO POR CULPA DA CHOIVA, O DEIXAMOS PENDENTE PARA MAIS ADIANTE.



FAI UN MONTÓN DE COUSAS E TODAS PARA AXUDAR OS DEMAIS. MOITAS GRAZAS

27/02/18

DÍA DE ROSALÍA


O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL E 1º DE PRIMARIA CONMEMOROU O DÍA DE
ROSALÍA RECITANDO O SEU POEMA "CANDO ERA TEMPO DE INVERNO".


OS MARTES CONTAMOS NÓS.

HOXE FOI AITANA A ENCARGADA DE CONTARNOS O FERMOSO CONTO ORELLAS DE BOLBORETA, UNHA HISTORIA SOBRE A SUPERACIÓN DOS COMPLEXOS E A IMPORTANCIA DE ACEPTARNOS TAL E COMO SOMOS PARA SENTIRNOS BEN E  SER FELICES.

                             ENCANTOUNOS!



MOITAS GRAZAS!















EDUCACIÓN VIAL EN PSICO

CAMPAÑA MATRÍCULA 2018-2019


                 SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2018-2019
1 AO 20 DE MARZO
A solicitude de admisión é para:
·      O alumnado que vaia cursar o vindeiro curso 4º de E. Infantil ( nados no ano 2015)
·      Aquel alumnado que queira cursar estudos no noso centro no curso 18/19 (traslado de domicilio, cambio de centro,…)
O alumnado que reservou praza (os nenos e nenas que veñen da EEI de O Con) non teñen que facer solicitude de admisión, a non ser que non houbera praza para todos/as.
Como se fai a solicitude de admisión:
Deberán presentar:
1. Cubrir a solicitude ED550B que poderán recoller na secretaría do noso centro. Debe asinala pai, nai ou titor/a legal. En caso de divorcio, os dous proxenitores. En caso de custodia única, quen teña a patria potestade.
o  Tamén poden cumprimentar a solicitude eles mesmos na aplicación  http://www.edu.xunta.es/admisión alumnado e traernos o código da solicitude que deberán imprimir.
o  Outra opción é descargar a solicitude( ED550B)  en sede electrónica da xunta e traela cuberta.
2. Fotocopia do DNI da persoa solicitante
3. Fotocopia de documento acreditativo da idade do alumno/ao (DNI ou libro de familia )
4. Certificado do anterior centro onde cursou estudos , si é o caso.
5. En caso de separación ou divorcio, convenio regulador do mesmo.

O alumnado que cursa estudos no noso centro NON ten que facer reserva de praza.

Postos ofertados en Educación Infantil:

CURSO
4º Infantil
5º Infantil
6º Infantil
PRAZAS
22+3 NEE
2
11

Postos ofertados en Educación Primaria:

CURSO
1º Primaria
2º Primaria
3º Primaria
4º Primaria
5º Primaria
6º Primaria
PRAZAS
3+3 NEE
3
2
1
7
2

·     

HOXE TIVEMOS A VISITA DA NAI DE HUGO E NOEL E A NAI DE NAIMA

HOXE NA CLASE DAS TARTARUGAS IMPROVISAMOS UNHA PERRUQUERÍA, ALEX E VANESA SON PERRUQUEIRAS. MOSTRARON OS SEUS APARELLOS DE TRABALLO (RULOS, PEINES, MAQUILLAXE, SECADOR) E TAMEN TIÑAN UNHAS MONECAS CON MOITO CABELO PARA PEINAR E PINTURAS PARA MAQUILLAR.

AS TARTARUGAS PODÍAN PINTAR AS UÑAS,FACER TRENZAS DE CORES E XOGAR COAS CARAS DAS MONECAS.

MOITAS GRAZAS POLA VISITA E ATA A PRÓXIMA!


OS TRABALLOS DAS NAIS E DOS PAIS DE 6º DE INFANTIL

O PASADO VENRES VISITOUNOS BERTO, O PAI DE TOMÉ PARA FALARNOS DO SEU TRABALLO. É ELECTROMECÁNICO DE TRENS E CONTOUNOS MOITAS COUSAS:OS DISTINTOS TIPOS DE TRENS, COMO FUNCIONAN, QUE COUSAS TEN QUE REPARAR,...




...E PARA QUE PUIDÉSEMOS ENTENDER COMO FUNCIONA O TREN BALA (O MÁIS RÁPIDO DO MUNDO ), EXPERIMENTAMOS A FORZA MAGNÉTICA CON IMÁNS.

INTERESANTÍSIMO!
MOITAS GRAZAS!

26/02/18

OS TRABALLOS DAS FAMILIAS DOS GATIÑOS

HOXE VISITOUNOS SANDOR, O PAI DE NAHARA, PARA EXPLICARNOS O SEU TRABALLO.
CONTOUNOS QUE É ALMACENISTA NUN BARCO QUE COLLE GASOLINA NO FONDO DO MAR. EXPLICOUNOS EXACTAMENTE O QUE FAI, POR QUE PAÍSES ESTIVO TRABALLANDO, QUE TEN QUE FALAR EN INGLÉS PORQUE TRABALLA CON XENTE DE MOITAS NACIONALIDADES, COMO FAI PARA CHEGAR O BARCO, QUE TEÑEN UN HELIPORTO,..., E MOITAS MÁIS COUSAS INTERESANTES.
GRAZAS POLA TÚA VISITA!!






HOXE O PAI DE OLIVER ESTIVO NA CLASE DAS TARTARUGAS

HOXE TIVEMOS A VISITA DO PAI DE OLIVER QUE VEU CONTARNOS CAL É O SEU TRABALLO. TRABALLA NUNHA LIBRARÍA, É LIBREIRO. CONTOUNOS UNS CONTOS E TROUXO UN MONTÓN DE XOGOS PARA QUE EXPERIMENTARAMOS CON ELES.
AS TARTARUGAS QUEDARON ENCANTADAS COA VISITA.
MOITAS GRAZAS!












24/02/18

OS GATIÑOS COCIÑAMOS DE NOVO

ESTA SEMANA, VISITOUNOS OLGA, A NAI DE VALERIA, PARA ENSINARNOS UNHA NOVA RECEITA DE COCIÑA. E COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA, OS GATIÑOS, ENCANTADOS, PUXEMOS AS MANS NA MASA E FIXEMOS ENTRE TODOS UNHA RICA TARTA DE PIÑA.

MIRADE QUE BEN O FIXEMOS!!!

GRAZAS OLGA POLA TÚA VISITA!

21/02/18

OS TRABALLOS DAS FAMILIAS DOS GATIÑOS

HOXE VISITOUNOS XOSE, O PAI DE LOIS, PARA EXPLICARNOS EN QUE CONSISTE O SEU TRABALLO.
EL É FISIOTERAPEUTA, E TROUXONOS UN MALETÍN CHEO DE COUSAS QUE PRECISA PARA REALIZAR O SEU TRABALLO: VENDAS, CREMAS, CINTAS ELÁSTICAS,... 
E COMO NON, APROVEITAMOS PARA FACER UNS MASAXES...
MOITAS GRAZAS POLA TÚA VISITA








OS TRABALLOS DAS NAIS E DOS PAIS DE 6º DE INFANTIL

HOXE VEU FELIPE, O PAI DE XIANA, Á NOSA CLASE.
É ROTULISTA E EXPLICOUNOS EN QUE CONSISTE O SEU TRABALLO E CALES SON AS FERRAMENTAS E MÁQUINAS QUE SE UTILIZAN, E TAMÉN NOS ENSINOU UN TRUCO PARA PEGAR OS ADHESIVOS SEN QUE SE ENGRUÑEN.











MOITAS GRAZAS, FELIPE!

20/02/18

OS TRABALLOS DAS NAIS E DOS PAIS DE 6º DE INFANTIL

HOXE NA AULA DOS TIGRES RECIBIMOS A VISITA DE MELI,
 A NAI DE ÁNGELA, QUE NOS FALOU DO SEU TRABALLO NUNHA FÁBRICA DE CONSERVAS E NOS MOSTROU UN VÍDEO MOI INTERESANTE.









E PARA DEMOSTRARNOS O BEN FEITO QUE ESTABA O SEU TRABALLO, 
DÉUNOLO A PROBAR:




                                               DELICIOSO!
                                                
                             MOITAS GRAZAS!














OS MARTES CONTAMOS NÓS

HOXE XIANA CONTOUNOS UN CONTO MOOOOI AMOROSO TITULADO
TE QUIERO, MAMÁ E, COMO NON PODÍA SER DOUTRA MANEIRA, ENCANTOUNOS.



MOITAS GRAZAS, XIANA!

13/02/18

COPLA DO ENTROIDO

AQUÍ DEIXAMOS A COPLA QUE CANTARON AS TARTARUGAS, OS GATOS E OS TIGRES NO DÍA DA CELEBRACIÓN DO ENTROIDO NO COLE.