31/10/17

O SAMAÍN EN 6º DE INFANTIL

CANTO MEDO DERON AS CABAZAS QUE TROUXERON OS TRIGRES AO COLE!!!!
MIRADE, MIRADE!!!

29/10/17

O BOSQUE ENCANTADO DE ALDÁN

ESTA SEMANA, APROVEITANDO O BO TEMPO, SAíMOS DO COLE A VISITAR O BOSQUE ENCANTADO DE ALDÁN E ASÍ PODER TRABALLAR O TEMA DO OUTONO QUE TANTO LLES GUSTA AOS NOSOS PEQUENOS E PEQUENAS. 
ALÍ ATOPAMOS MOITÍSIMOS CASTIÑEIROS E CARBALLOS, ASÍ QUE ESTIVEMOS RECOLLENDO UN MONTÓN DE FOLLAS, CASTAÑAS E LANDRAS. 


27/10/17

OS TIGRES EN PSICO

QUE MAIORES SON OS TIGRES! PREPARARON UN CIRCUITO NO XIMNASIO NO QUE ELES ESTIVERON XOGANDO E LOGO DEIXARON PREPARADO PARA AS TARTARUGAS.
MIRADE QUE CHULO!!!


24/10/17

ADIVIÑA DE OUTONO

A SEMANA PASADA APRENDEMOS UNHA ADIVIÑA NOVA NO COLEXIO, QUE DI ASÍ:
 ALTA ESTOU, 
LADRÓN VEXO VIR, 
DO MEU CARAPUCHO 
 NON PODO FUXIR. 

QUE É?

DESPOIS DE MOITOS DÍAS, PENSANDO E PENSANDO, PREGUNTANDO E INVESTIGANDO, POR FIN OS NENOS E NENAS DA CLASE DOS TIGRES NOS AXUDARON A RESOLVER A ADIVIÑA.
E DESCUBRIMOS QUE ERA... A CASTAÑA
TAN EMOCIONADOS ESTABAMOS QUE DECIDIMOS IR AS CLASES DOS MAIORES PARA VER SE ELES TAMÉN A ADIVIÑABAN.


 


20/10/17

Hoxe tivemos 3 aniversarios na aula


                                                Emma,Hugo e Noel xa teñen 3 anos.







OS GATIÑOS COCIÑAMOS GALLETAS

O MÉRCORES VEU MÓNICA, A NAI DE ENZO, A FACER CON NÓS UNHAS DELICIOSAS GALLETAS DE MANTEIGA. 
MIRADE QUE BEN O FIXEMOS!!!



GRAZAS MÓNICA!

18/10/17

O OUTONO

O OUTONO CHEGOU E PUXÉMOSNOS A TRABALLAR PARA DECORAR O COLE PINTAMOS UNHAS FERMOSAS FOLLAS  COAS CORES DO OUTONO QUE TANTO NOS GUSTAN.


TROUXEMOS  AO COLE UN MONTÓN DE FOLLAS, DE DIFERENTES FORMAS, CORES, TAMAÑOS , TIPOS  E APROVEITAMOS PARA APRENDER MOITÍSIMAS COUSAS.


CONTAMOS...




CLASIFICAMOS (POR CORES, TAMAÑOS, FORMAS,...)



APRENDEMOS OS NOMES DE MOITAS ÁRORES: EUCALIPTO, PIÑEIRO, CASTIÑEIRO, CARBALLO,...


...E TAMÉN AS USAMOS PARA FACER MANUALIDADES.




MIRADE QUE BEN O PASAMOS...





17/10/17

6º DE INFANTIL EN PSICO

QUE BEN O PASAMOS XOGANDO COS DISCOS VOADORES EN PSICO!!!!


4º DE INFANTIL NO XIMNASIO

AS TARTARUGAS PASÁMOLO XENIAL NAS SESIÓNS DE PSICO NO XIMNASIO. MIRADE!!!



10/10/17

PARACAÍDAS NO XIMNASIO

ESTOS PRIMEIROS DÍAS DE PSICO, ESTIVEMOS XOGANDO CO PARACAÍDAS NAS AULAS DE 5º E 6º DE INFANTIL E EN TODO PRIMARIA. 
ENCANTOUNOS!


05/10/17

PSICO EN 5º DE INFANTIL

PERO QUE BEN CAMBIAN OS GATIÑOS E GATIÑAS AS CAMISETAS E LAVAN AS MANS EN PSICO. SON SUPER MAIORES E CASE NON PRECISAN AXUDA DAS MESTRAS. PARABÉNS!!!!





CONCERTO DE SUSA HERRERA

Aquí vos deixamos un resumo do ben que o pasamos o venres no auditorio escoitando as divertidas cancións de Susa Herrera, que nos presentou o seu libro "En Cabárceno se sigue cantando".


04/10/17

Xogo arranxado!!!

A pirámide de escalada do patio xa está a disposición de todos e todas. O xogo estivo pechado dúas semanas pola rotura da malla que daba acceso seguro á parte máis alta.
A solución veu grazas á colaboración coa ANPA. O equipo directivo desta  localizou entre as súas amizades un amable e experto mariñeiro, Albino, que arranxou a rede do xogo.
Moitas grazas, Albino!! Moitas grazas, Jose!!!


ADAPTACIÓN DAS TARTARUGAS

AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA DO NOSO DÍA A DÍA NA AULA.


 

02/10/17

Camiñando

Na primeira saída do curso das tartarugas e dos gatiños e gatiñas os nenos e nenas maiores de 3º e 4º leváronnos da man. Portámonos moi ben!