27/04/17

AS FAMILIAS CONTAN EN 5º DE INFANTIL

                          HOXE A CONTADA FOI DE VACAS:




KATHY, A NAI DE AIXA, LEMBROUNOS A HISTORIA DE MARJORIE (QUE NOS ENCANTA) E CONTOUNOS A SEGUNDA PARTE,QUE FALA DE CANDO DAISY VAI
 Ó COLE : UNHA CHULADA!






E COMO HAI GALIÑAS POLO MEDIO...DE POSTRE, OVOS!...E UNHA LIBRETIÑA PARA AS NOSAS COUSAS.


MOITAS GRAZAS!!



AS FAMILIAS CONTAN EN 5º DE INFANTIL

ONTE TOCOULLE A MARÍA, A NAI DE ASIER. 



CONTOUNOS UNHA HISTORIA SOBRE A MENTIRA...




...E REGALOUNOS "CHUCHES" DE VERDADE !


MOITAS GRAZAS!...POR TODO

25/04/17

VISITA Á LUDOTECA MUNICIPAL

SEGUIMOS CO PROGRAMA "APRENDE MOAÑA" ORGANIZADO POLO CONCELLO.
ONTE OS ELEFANTES E OS TIBURÓNS FOMOS Á LUDOTECA.
PASÁMOLO MOI BEN XOGANDO E FIXEMOS UN PUZLE MOI CHULO DO FISGÓN, QUE LEVAMOS PARA AS NOSAS CASAS.









AS FAMILIAS CONTAN EN 5º DE INFANTIL

HOXE ESTIVO NA NOSA CLASE NAYARA, A NAI DE KARLA.






              CONTOUNOS DOUS CONTOS MOI BONITOS:


E DE ÚLTIMO,A POTA QUE TROTA ,QUE TRAÍA SORPRESA...MOI RICA!




                          MOITAS GRAZAS!
O venres pasado os Tiburóns conmemoramos o Día do Libro facendo unha visita á exposición de libros e contos que as diversas librarías de Moaña nos prestaron.
 Estivemos moi atentos para atopar o libro ou conto que máis nos gustaba e levalo apuntado para a casa.







Ademais, fixemos na clase un marcapáxinas chulísimo!




24/04/17

AS FAMILIAS CONTAN EN 4º DE INFANTIL

Hoxe, na clase das tartarugas, comezaron as visitas das familias para contar contos. "As familias contan" é unha das actividades que se fan no mes de abril, polo mes do libro. 
Sole, a nai de Óscar, foi a primeira, e contounos unha historia de fadas. Un conto titulado "Amigos del bosque" da Ed. Susaeta.




MOITAS GRAZAS SOLE!!!

23/04/17

ELEFANTES NA BIBLIOTECA

CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO, OS ELEFANTES VISITAMOS NA BIBLIOTECA A EXPOSICIÓN DAS LIBRERÍAS DE MOAÑA .













AS FAMILIAS CONTAN EN 5º DE INFANTIL

EMPEZARON XA AS VISITAS DAS NOSAS FAMILIAS PARA CONTARNOS CONTOS.
O VENRES VEU MARÍA, A NAI DE AITANA, CON DOUS LIBROS PRECIOSOS:
  




















E ADEMAIS CONTOUNOS A DIVERTIDA  HISTORIA DE VALENTINA,QUE LAVOU OS DENTES CON CHOCOLATE.

                         


E PARA REMATAR... CHOCOLATE PARA TODOS E TODAS!!!








MOITAS GRAZAS!!

20/04/17

ELEFANTES NA HORTA

HOXE OS ELEFANTES ESTIVEMOS PLANTANDO LEITUGAS NA NOVA HORTA DO COLE.
AGORA HAI QUE REGALAS E ESPERAR A QUE MEDREN...












18/04/17

Os Tiburóns plantamos na horta

Xusto antes das vacacións, os Tiburóns plantamos na horta nova leitugas e chícharos coa profe Belén. A ver se temos sorte e temos unha boa colleita!