06/03/2017

OS TIBURÓNS E A ESTATUA DA LIBERDADE

Por fin temos novas de Paco! Acabamos de recibir un mail!





Paco quedou atrapado na Estatua da Liberdade! Pronto comezamos a investigar sobre ela e xurdiron algunhas preguntas:
- Canto mide a Estatua da Liberdade?
- Cabería a Estatua da Liberdade no nos patio?
- Como poderíamos sabelo

 Logo de pensar canto era 1 metro e buscar a regra que tiñamos na aula, dispuxémonos a medir 93 metros no patio! Así de grande era a estatua!

 Antes de nada, tivemos que probar diferentes materiais que nos puidesen servir para marcar no chan.
 Logo dalgunha proba, comprobamos que o xiz era o máis axeitado.


 Comezamos!







 Pois resulta que logo de medir 93 metros, comprobamos que a Estatua da Liberdade si cabería no patio e chegaría ata aí:

É enorme!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.