27/02/2017

O PACO MECO...

SE O LUNS NO COLE QUERES ENTRAR, MOITO MEDO TES QUE DAR!

VAIA SONO ESTA SEMANA! O MARTES TODOS EN PIXAMA!
                            

NON IMOS NADA MAL, MAÑÁ ...TODOS DE ANIMAL!



COMO SOMOS UN GRAN EQUIPÓN, MAÑÁ...TODOS DE NATACIÓN


PARA O VENRES REMATAR...PAZ E AMOR IMOS DAR!!!!


Paco perdeuse!

Acabamos de recibir novas de Paco na clase dos Tiburón e estamos moi preocupados! Resulta que Paco foise de vacacións de Nadal a visitar á súa familia polo mundo adiante e agora... non sabe nin onde está nin como voltar a Moaña. 

Rapidamente puxémonos en acción!


Vaia, vaia,... as cousas non estaban nada claras logo de ler a carta de Paco.
Como non tiñamos moi claro por onde comezar as nosas investigacións, decidimos comezar indo a biblioteca do cole para buscar libros que falasen dos planetas, da Terra, de diferentes países e lugares, ...
Estivemos facendo unha primeira selección e levamos a clase bastantes fondos que, xunto con moitos libros de información traídos das casas, conformaron o noso recuncho de información do proxecto.



23/02/2017

Ábrese o prazo de admisión

Campaña matrícula curso 2017-2018

Prazo de solicitude de praza: do 1 ao 20 de marzo
Deberán presentar:
1.     Cubrir a solicitude ED550B que poderán recoller na secretaría do noso centro. Debe asinala pai, nai ou titor/a legal. En caso de divorcio, os dous proxenitores. En caso de custodia única, quen teña a patria potestade.
o   Tamén poden cumprimentar a solicitude eles mesmos na aplicación  http://www.edu.xunta.es/admisión alumnado e achegarnos o código da solicitude que deberán imprimir.
o   Outra opción é descargar a solicitude( ED550B)  en sede electrónica da xunta e traela cuberta.
2.     Fotocopia do DNI da persoa solicitante
3.     Fotocopia de documento acreditativo da idade do alumno/ao (DNI ou libro de familia )
4.     Certificado do anterior centro onde cursou estudos , si é o caso.
5.     En caso de separación ou divorcio, convenio regulador do mesmo.


Outros prazos:
Presentación documentación xustificativa en caso de baremación …22 de marzo ao 2 de abril
Lista provisional de admitidos e non admitidos……………………………..25 de abril
Lista definitiva de admitidos e non admitidos……………………………….15 de maio

Formalización da matrícula ……………………………………………20 ao 30 de xuño

Normativa reguladora:

DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos

Postos ofertados en Educación Infantil:

CURSO
4º Infantil
5º Infantil
6º Infantil
PRAZAS
25
10
10

Postos ofertados en Educación Primaria:

CURSO
1º Primaria
2º Primaria
3º Primaria
4º Primaria
5º Primaria
6º Primaria
PRAZAS
0
4
1
6
2
0

·       Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

·       O alumnado que ten garantía de permanencia no centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

·       O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
CHEGAMOS AO XOVES... TODOS DE NATACIÓN!

NON IMOS NADA MAL...


VAIA SONO ESTA SEMANA...



19/02/2017

RECIBIMOS UNHA CARTA DE PACO!


Por fin! Acabamos de recibir na nosa aula unha carta de Paco! Facía moito tempo que non sabiamos nada del e xa estabamos preocupados. 
Non sabemos moi ben en que andará metido porque pídenos que lle digamos cales son os sitios de Moaña que máis nos gustan.


Como xa tiñamos moitas gañas de investigar, rápido nos puxemos mans aá obra e escribimos unhas notas pedindo axuda ás familias para comezar a elaborar a nosa guía de viaxe.
  



09/02/2017

AS TARTARUGAS COCIÑAMOS

A SEMANA PASADA AS TARTARUGAS COCIÑAMOS UNHAS RICAS MAGDALENAS. SAÍRON TAN RICAS E FIXÉMOLO TAN BEN QUE SEGURO QUE REPETIMOS. A VER QUE COCIÑAMOS A PRÓXIMA VEZ!

06/02/2017

DÍA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da paz e a non violencia. Os nenos/as de 6º de Primaria léronnos o manifesto pola paz e cada curso a continuación leu a súa mensaxe de paz. Cantamos e bailamos a canción de Toc Toc de Pablo Díaz e colgamos as nosas mensaxes e símbolos de paz na entrada do colexio.

05/02/2017

OS ELEFANTES E PICASSO



UN POEMA DE PAZ

NA CLASE DOS ELEFANTES ENCÁNTANOS RECITAR E  O DÍA DA PAZ CELEBRÁMOLO CON ESTA ADAPTACIÓN DUN POEMA DE GLORIA FUERTES.
                                     A VER SE VOS GUSTA!


A PAZ DAS TARTARUGAS

Esta semana celebramos o día da paz no colexio e na clase das tartarugas estivemos falando do que é a paz para eles. Podedes escoitalos neste vídeo!!

02/02/2017

Vídeos de axuda para articular o son S e Z !

Os sons S e Z son moi parecidos e confúndense frecuentemente. Por iso ofrecémosvos dous vídeos que axudarán aos nenos a diferencialos.




Vídeos para mellorar a fala!

Deixámosvos algún vídeo novo que nos pode axudar para mellorar a mobilidade da lingua e a motricidade orofacial.





01/02/2017

UNHA VISITA CON POESÍA

O DÍA DA PAZ  VIÑERON ÁS AULAS DE INFANTIL YASMINA E ZAIRA, DE TERCEIRO DE PRIMARIA, E RECITARON PARA NÓS UN FERMOSO POEMA DE XOSÉ LOIS GARCÍA.



                                           ENCANTOUNOS!
                            VOLVEDE PRONTO CON MÁIS, POR FAVOR!