30/04/16

OS XOVES CONTAMOS NÓS: NOEMÍ

ESTA VEZ TOCOULLE O TURNO A NOEMÍ. RECITOUNOS UN POEMA DUNHA DIVERTIDA DRAGONA. MOITAS FELICIDADES NOEMÍ!!!





29/04/16

AS FAMILIAS CONTAN

ÁS XIRAFAS ENCÁNTANOS EMPEZAR O DÍA CON CONTOS!
HOXE VEU MARÍA, A NAI DE ASIER E TRÓUXONOS DOUS:








             NÓS, A CAMBIO, DÉMOSLLE UNHA SÚPER APERTA:





MOITAS GRAZAS!

28/04/16

AS FAMILIAS CONTAN

SESIÓN DOBRE DE CONTACONTOS EN 4º DE INFANTIL:

Á PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ CHEGARON FRESQUIÑOS OS CONTOS DE MARÍA, A NAI DE TOMÉ, CON MONSTROS MARIÑOS FAMENTOS DE PIRATAS E BRUXOS CONFUNDIDOS:







E DESPOIS DO RECREO RELAXÁMONOS COAS HISTORIAS CHEAS DE EMOCIÓNS QUE CONTOU LUCÍA, A MADRIÑA DE ÁNGELA:








...E TAMÉN FIXEMOS SACAPENAS PARA NÓS!




         MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS!



27/04/16

PíCNIC!

Onte, na hora da merenda, os gatiños merendamos a froita de pícnic!!! Uns ricos plátanos e uns nísparos exquisitos. 






26/04/16

AS XIRAFAS COCIÑAN PIZZA

ESTA SEMANA VESTIMOS DE NOVO O MANDIL PARA PREPARAR...E DEVORAR UNHA DELICIOSA PIZZA.

25/04/16

As familias contan

O mércores veu Ádega, a nai de André, contarnos un fermoso conto: "Gatiño e as vacións". Gatiño quería saber onde ía ir a familia de vacacións porque todos os seus amigos lle foran contando que ían facer nas vacacións. Tróuxonos un gatiño de trapo ao que nos gustou moito darlle bicos e carantoñas. GRAZAS ÁDEGA!!!!

24/04/16

AS FAMILIAS CONTAN

VAIA CONTOS SABOROSOS E AMOROSOS OS QUE TROUXO HOXE KATHY, A NAI DE AIXA, A 4º DE INFANTIL!:





 



...E ACOMPAÑADOS DE GHALDRUMADAS!


MOITAS GRAZAS!

Os gatiños cociñan pizza!


23/04/16

AS FAMILIAS CONTAN

HOXE AS XIRAFAS TIVEMOS UN CONTO ESPECIAL:YOLI, A NAI DE JULEN, CONTOUNOS UN CONTO CON MAXIA, NO QUE UNHAS PRINCESAS CAMBIABAN DE COR...IGUAL QUE A AUGA QUE HABÍA NOS VASOS: FOI FANTÁSTICO!
E TAMÉN NOS CONTOU UN DUN VERMIÑO MOI SIMPÁTICO.
AQUÍ ESTÁN AS FOTOS:










MOITAS GRAZAS, YOLI!

22/04/16

AS FAMILIAS CONTAN



HOXE NA CLASE DAS XIRAFAS TIVEMOS DÚAS CONTADORAS: AITANA E A SÚA NAI, MARÍA, CON DOUS DOS NOSOS CONTOS FAVORITOS:




COMO ERA DE ESPERAR, OS CONTOS ENCANTÁRONNOS...E O BISCOITO TAMÉN!






MOITAS GRAZAS !

20/04/16

AS BOLBORETAS RESPONDEN A CARTA DE PACO


AS XIRAFAS NA BIBLIOTECA


ONTE VISITAMOS NA BIBLIOTECA A EXPOSICIÓN DAS LIBRERÍAS DE MOAÑA , NA QUE HAI UNHA CHEA DE LIBROS.ESTIVEMOS MIRANDO (E LENDO) A VER CAL NOS GUSTABA MÁIS E  DESPOIS, COMO SOMOS MOI MAIORES,ESCRIBIMOS O SEU TÍTULO E O NOME DA LIBRERÍA NA QUE SE PODE MERCAR, PARA ENSINALO NAS NOSAS CASAS.

19/04/16

AS FAMILIAS CONTAN

                      HOXE NA CLASE DAS XIRAFAS COMEZARON AS VISITAS DAS FAMILIAS PARA CONTARNOS CONTOS.
       NAYARA, A NAI DE KARLA, FOI A PRIMEIRA, E CONTOUNOS UNHA HISTORIA DE MONSTROS E OUTRA DE PRINCESAS (NA QUE DESCUBRIMOS ALGO DO QUE NON TIÑAMOS NIN IDEA):






                FÍXOO DE MARABILLA E OS CONTOS ENCANTÁRONNOS!







                            MOITAS GRAZAS, NAYARA!!!

18/04/16

O PRIMEIRO COMIC DAS BOLBORETAS

A semana pasada, as Bolboretas fixemos o noso primeiro cómic. Gustounos moito sacar as fotos co Ipad e, pouco a pouco, imos aprender a usar o programa para facer os cómics.

Pasámolo moi ben inventando a historia entre todos!





AS XIRAFAS E AS BOLBORETAS RELÁXANSE

Aquí vos deixamos dúas sesións de relaxación.

As Xirafas relaxámonos imaxinándonos nunha praia tomando o sol. Importante botar crema de protección! Mirade que ben saben facelo!


As Bolboretas relaxámonos cantando unha canción:

15/04/16

OS XOVES CONTAMOS NÓS: XANDRO

ESTA SEMANA TOCOULLE O TURNO A XANDRO. CONTOUNOS "O PIRATA PATA DE LATA", DA EDITORIAL KALANDRAKA. NORABOA, FIXÉCHELO XENIAL!!!




CANDO CHOVE E NON PODEMOS SUBIR AO XIMNASIO...

TRANSFORMAMOS A CLASE DOS GATOS E GATAS, NUN XIMNASIO IMPROVISADO!





E AO FINAL, TEMOS TEMPO PARA FACER EXERCICIOS DE RELAXACIÓN...