19/12/2016

Vocabulario R suave!

Para practicar na casa o R suave podemos dicir o nome de estas imaxes.



Xoguetes para exercitar o sopro!

É importante adquirir una correcta intensidade no soplo e ser capaz de controlalo, polo que xogar con este material será ademáis de divertido moi beneficioso para que os nenos melloren na súa fala.
Facer soar instrumentos

Desenrolar e enrolar despaciño e rápido


Facer xirar rápido e despacio

Facer soar o canto dos paxariños

Co sopro podense facer carreiras ou xogar a xuntar todas as bolas nunha zoa limitada

Producir sons longos e curtos

Intentar facer pompas de diferentes tamaños

17/12/2016

METEOQUINTELA

O cole participa un curso máis no proxecto Meteoescolas, dentro dos plans Proxecta. Nós, como o curso pasado, chamarémoslle Meteoquintela. No mes de novembro comezamos de novo a nosa andaina polo mundo da meteoroloxía, 
Con este proxecto,o alumnado desenvolverá competencias en investigación mediante a observación directa do clima na  escola, e así tomaremos datos das precipitacións e das temperaturas, grazas  a estación meteorolóxica que temos instalada no noso centro. 
Aquí vos deixamos o resumo deste mes de novembro, que fixo o alumnado de Primaria: cal foi o día que máis choveu, o climograma, as temperaturas máximas e mínimas,...





                                         






12/12/2016

Os Tiburóns e o proxecto Meteoquintela.

Xusto antes de poñernos de cheo co Nadal, os Tiburóns indagamos moito grazas ao proxecto Meteoquintela. Todos os días, ademais de rexistrar o tempo meteorolóxico, no mes de novembro, rexistramos tamén a temperatura, fixemos a nosas primeiras gráficas e interpretamos os datos:
- Cantos días hubo de chuvia?
- Cal foi o tempo predominante no mes de novembro?
- Cal foi a temperatura máis alta?
- Que día tivemos a temperatura mais baixa?
- ...




Tamén fixemos manualidades relacionadas co tema para decorar o corredor:






09/12/2016

CHEGA O NADAL

XA ESTAMOS COS PREPARATIVOS DO NADAL. ESTA SEMANA ADORNAMOS AS ENTRADAS DO COLE COAS FERMOSAS ÁRBORES DE NADAL, TROUXEMOS DE CASA OS NOSOS ADORNOS, E ESTAMOS A ENSAIAR A PANXOLIÑA PARA DARLLE UNHA BOA BENVIDA AOS REIS MAGOS CANDO VEÑAN AO COLE.








03/12/2016

Premio á investigación en Infantil

 De novo gañamos un premio no Concurso de Traballos por proxectos, convocado pola Dirección Xral de Centros da Consellería de Cultura, Educación e O.U.

O portal da Xunta de Galicia publica hoxe os centros premiados no III Concurso de Traballos por Proxectos. O noso centro acada un premio polo traballo realizado o curso pasado na aula de 6º de Infantil "As bolboretas Un proxecto de investigación que compartiron con todos nós.

O enlace para ver a súa investigación: As bolboretas

Parabéns á profe Ana e aos seus científicos alumnos/as.
Resolución premios