23/05/2015

O PRÉSTAMO DE CONTOS NA BIBLIOTECA

Os golfiños facemos a devolución e o préstamo dos contos na biblioteca os xoves, e así de paso, aproveitamos para aprender os números. Mirade que ben o facemos!!!

22/05/2015

ABRIL, MES DO LIBRO, NA CLASE DOS GOLFIÑOS

Este mes de abril estivo cargado dun montón de actividades e os golfiños gozaron con cada unha 
delas. 
Fixemos na clase a exposición dos nosos contos favoritos, Paco regalounos un conto a cada un de nós e como todos os anos visitamos na biblioteca a exposición dos contos das librarías.
Este ano participamos tamén na actividade Conta que che conto, contanto o noso conto "A princesa e o cabaleiro", inventado e ilustrado polos golfiños, que contamos, como maiores que somos, na biblioteca de Paco aos maiores do cole.
A actividade "As familias contan" este ano tivo moito éxito. Dende aquí dámoslles as grazas ás familias pola súa participación.

20/05/2015

"Miña abuela Manuela"

Esta é a actuación de 5º de Infantil, coa canción "Miña abuela Manuela" de Migallas:

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015

Esta é a actuación de 4º de Infantil, coa canción de María Fumaça Fun ao mercado:

Fiz , o repolo feliz

Aquí temos o recitado de 6º de Infantil sobre o conto "Fiz, o repolo feliz" ,publicado na editorial Urco

19/05/2015

"A PRINCESA E O CABALEIRO"

"A princesa e o cabaleiro" é un conto inventado e ilustrado polos golfiños. Decidiron que tiña  que ser un conto de castelos, xa que levamos dende xaneiro investigando sobre eles, así que nos puxémos a traballar e quedou un conto precioso. Así quedou de chulo:


CONTA QUE CHE CONTO.

E como xa o sabiamos de memoria, contámoslles o conto aos nenos e nenas de 1º e 5º de Primaria.

12/05/2015

Teatro Babs

O venres 8 de maio fomos ao teatro, a ver a función Babs representada por Baobab Teatro. Gustounos moito a viaxe que Babo fixo polos planetas adiante buscando diversión:

POR FIN CHEGOU O VÍDEO DE SOUTOMAIOR !!!

09/05/2015

AS FAMILIAS CONTAN EN 5º DE INFANTIL

As familias seguen contando, moi animadas, e os nenos/as encantados/as. Berto, o pai de Darío, contounos tres contos: "A burra Ramona", "El diente del niño esquimal" e "El diente del niño indio".






Fran, o pai de Pablo, contounos o conto "El cachorro pirata", un libro de piratas, cun telescopio co que tiñas que buscar  piratas escondidos, canciños,...Ó final descubrimos o tesouro: moedas de ouro deliciosas coas que  chupamos os dedos.




GRAZAS ÓS DOUS POR VISITARNOS!!

07/05/2015

UN NOVO CONTO DA MAN DAS NAIS

ANDREA, A NAI DE XIÁN TRóUXONOS O CONTO DE CARABUÑAS, UN CONTO MOI DIVERTIDO NO QUE UN MONSTRO  NON SE ASEABA MOITO.
 GUSTOUNOS MOITO E CANDO REMATAMOS TAMÉN NOS PUIDEMOS ASEAR DISTINTAS PARTES DO CORPO COS AGASALLOS.



06/05/2015

AS FAMILIAS SEGUEN CONTANTO

ESTA VEZ CONTAMOS CON PATRICIA, QUE NOS TROUXO OUTRO CONTO QUE NOS ENCANTOU: UN REGALO DIFERENTE, DA EDITORIAL KALANDRAKA.
CANDO REMATOU TODOS E TODAS PROBARON COA TEA PARA IMAXINAR USOS: CAMAS, MANTAS, GORROS, BUFANDAS, SAIAS, MANTEIS ...UN SEN FIN DE COUSAS DIVERTIDAS FIXERON.