29/04/2015

As familias contan en 4º de Infantil

Hoxe tivemos unha xornada moi emocionante na clase das tartarugas. Veu unha contacontos moi importante para nós!!!
Ádega, a nai de André, contounos unha historia que nos encantou; por que o ratiño Perez leva os dentes dos nenos e nenas. Ademais, traía un ratiño precioso e gustounos moito darlle unha apertas.
GRAZAS ÁDEGA!!!
 "A historia do Ratiño Pérez", un fermoso conto de Ana Serna e Margarita Menéndez .

28/04/2015

Na horta

As nosas leitugas xa van medrando, así foi como as plantamos:

26/04/2015

AS FAMILIAS CONTAN

O xoves, o día do libro, tivemos un contacontos moi especial na clase dos golfiños. Tati, a nai de Irene, animouse a vir  contarnos dous contos: "¿Estas ahí, monstruo?" e "Erik, o constructor de soños". Despois dos contos, tiña un cofre cheo de sorpresas deliciosas!!!. GRAZAS TATI!





24/04/2015

SEMANA DA FROITA

 Durante esta semana os pequenos do cole merendaron como campións: cada día unha froita diferente. Tivemos plátanos, mazás, amorodos, peras e laranxas. Algunhas froitas  gustáronnos máis que outras, de outras ata repetimos, traballamos cos números (cantos somos hoxe e canta froita necesitamos), reciclamos (o resto da froita no caldeiro verde), repartimos a froita, probamos a froita que nos gusta menos,...Esperamos impacientes a seguinte semana da froita!!!

 

 





21/04/2015

SEMANA DA FROITA NA CLASE DOS DINOS

NESTE SEGUNDO DÍA DA SEMANA DA FROITA, OS DINOS FIXEMOS BATIDOS CON MAZÁ, PLÁTANO E LARANXA. ESTABAN BOÍSIMOS! E NOS VINDEIROS DÍAS CHEGAN AS PERAS, OS AMORODOS E MÁIS LARANXAS. ÑAM!!



18/04/2015

RECITAMOS

Os golfiños recitamos polo cole algúns dos poemas que sabemos. Encántanos recitar e facémolo xenial!!!

13/04/2015

ENGLISH CLASS

OS GOLFIÑOS CANTAMOS EN INGLÉS: "IF YOU WANT TO WIN" (ROBIN HOOD)

Os Dinos practicamos a hora de ler "de maiores"

Dentro de nadiña os Dinos pasaremos para primeiro de primaria, polo que xa estamos practicando a hora de ler "de maiores", é dicir, cada un co libro que escolla e lendo en baixiño.