27/03/2015

Os Dinos recitamos "A bela durminte"


Como estamos traballando moito acerca dos castelos, como eran por dentro, quen vivía neles, etc., decidimos aprender dous poemas relacionados co tema: un dunha princesa e outro dun príncipe. 

Aquí tedes o recitado do poema "A bela durminte".

Os dragóns dos Dinos

Despois de moito tempo, por fin rematamos os dragóns, feitos totalmente con material de refugallo que reutilizamos: oveiras, rolos de papel hixiénico e boliñas de papel de aluminio que fomos gardando das merendas. Mirade que chulos nos quedaron!





26/03/2015

BICOS

Mirade que ben recitan os golfiños o poema de Antonio García Teijeiro!!! 

25/03/2015

SEMANA DA PRENSA

Durante a semana da prensa traballamos moito cos xornais.Aprendemos que hai xornais diferentes con nomes distintos, que nos xornais hai noticias, que as noticias moi importantes aparecen en grande e as menos importantes en pequeno,... 





AS RUTINAS

As rutinas cumpren un papel moi importante na escola, xa que constitúen un marco de refencia para os nenos/as, así establecen unha estruturación mental da organización das actividades. Por iso, as rutinas son moi positivas no proceso de ensino-aprendizaxe, ofrecendo estabilidade, referencia e orientación espacial e temporal.Así traballamos as rutinas os golfiños.

DÍA DA POESÍA

Polo día da Poesía, un poema e unha flor!


21/03/2015

POEMA PARA CANDO CHOVE

Para cando moito chove, o poeta Antonio García Teijeiro escribiu este poema tan acaído que interpreta o grupo das tartarugas:

19/03/2015

DÍA DA POESÍA

Un poema e unha flor para celebrar o o Día Mundial da Poesía,o 21 de marzo:

11/03/2015

O XORNAL NA ESCOLA

Esta semana dedicámola a coñecer un pouco como son os xornais,para que serven, que podemos atopar neles.
En 4º de Infantil apenas teñen información do que son os xornais, aparte de comentar que serven para que os maiores estean tranquilos, que teñen letras para ler ( non saben se teñen contos, poesías ou o que) e que cando xa están lidos se acumulan para "reciclar". Outro día falaremos de que é iso de "reciclar".
Aprendemos que teñen noticias de moitos temas: de accidentes, de deportes, de tempo ,de policías e bombeiros,de xente traballando e que tamén hai anuncios para mercar cousas. O xornal deu moito de si:


07/03/2015

8 de marzo, día da muller traballadora

A educación de valores non sexistas e igualitarios entre os sexos comeza ben cedo.
En Infantil en xeral cústalles visualizar e valorar as múltiples tarefas que desenvolven as mulleres no fogar, así que por aí empezamos, conversando sobre os traballos das mamis, na casa e fóra dela.
Custa moito cambiar modelos e as mulleres seguen asumindo de xeito pouco equilibrado responsabilidades nas súas profesións e na casa.
Para poñer en valor o traballo que desenvolven as mulleres tivemos nas aulas unha mamá invitada, que é nada máis e nada menos que mestra de taekwondo , posuindo o cinto negro con 5 Dan, a maior categoría que teña ninguén no Morrazo.
Noelia Pérez contounos como era o seu traballo, a quen ensinaba, a que campioas coñecía e os valores que aportaba o deporte do taekwondo: