25/06/2014
O xigante atrapado
Os unicornios déixannos este agasallo de fin de curso:
Un conto que eles mesmos crearon a partir do cadro de Antón Patiño, Home-Casa.
18/06/2014
EXCURSIÓN A MEIRA
Aquí tedes algunhas fotos do día de hoxe. Pasamos un día moi divertido cos amigos e amigas, un pouco xa de despedida xa que dentro de pouco chegan as vacacións. Xogamos un ratiño na praia da Xunqueira aproveitando o bo tempo e despois fomos ata o parque de Meira. Alí merendamos e xogamos no parque, e tamén fixemos uns xogos moi divertidos: o xogo do paracaídas, o pano e os crocodilos e peixes. Pasámolo xenial!!!
Etiquetas:
Curso 2013-2014,
Saímos da escola
16/06/2014
A colleita da horta
XA RECOLLEMOS A NOSA COLLEITA DA HORTA. AS CABACIÑAS AÍNDA ESTÁN MEDRANDO , PERO AS LEITUGAS ESTABAN ASÍ DE BOAS:
15/06/2014
ENGLISH TIME
LITTLE LITTLE SPIDER
I´VE GOT A PLANE
I´VE GOT A PLANE
Etiquetas:
4º Infantil,
Competencia lingüística: Inglés,
Curso 2013-2014
13/06/2014
O XOGO DA AUGA!!
Por fin chegou a calor, e aproveitando o bo tempo, xogamos un pouquiño co noso xogo preferido, O XOGO DA AUGA!!!. Pasámolo xenial!
Etiquetas:
4º Infantil,
5º infantil,
6º infantil,
Curso 2013-2014
12/06/2014
10/06/2014
Visita á aula de 6º de Infantil
Hoxe foi un día especial para os Pingüíns (e tamén para a profe, para que negalo)! Xa somos maiores, o tempo pasa e para o curso que vén xa estaremos no cole grande!! Así que hoxe, aproveitando unha sesión na que os Unicornios non estaban... alá fomos inspeccionar!
Vimos onde imos ter que facer a fila ...
Observamos moi ben todos os recunchos...
E xogamos un pouquiño. Que difíciles son os puzzles de maiores!
Quedamos moi tranquilos ao ver que tamén teñen construcións!
E encantounos o recanto do hospital!
En moi pouquiño tempo... esta será a nosa nova aula!
Etiquetas:
5º infantil,
Curso 2013-2014
Os primeiros días de escola
Estas son algunhas das cousiñas que fixemos as tartarugas os primeiros días.
Etiquetas:
4º Infantil,
Adaptación á escola,
Curso 2013-2014
09/06/2014
05/06/2014
SEMANA DA FROITA
A semana pasada tivemos no cole a semana da froita. Cada día unha froita diferente: cereixas, plátanos, peladillos, amorodos e melocotóns. Estaba toda riquísima!!!
Etiquetas:
4º Infantil,
A froita en Quintela,
Curso 2013-2014
Abril, mes do libro na aula dos Pingüíns.
No mes de abril os Pingüíns presentamos aos compañeiros os nosos contos favoritos. Mirade que ben o fixemos:
Ademais, tivemos moitas visitas de familias que nos viñeron ler á aula:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)