25/03/2014

OBRADOIRO DE COCIÑA DAS TARTARUGAS

Nós, as tartarugas, tamén somos uns grandes cociñeiros. Pasámolo xenial e gustounos moitísimo cociñar todos xuntos...e como non, comelo todo!!!

23/03/2014

OBRADOIRO DE COCIÑA EN 6º DE INFANTIL

A SEMANA PASADA TIVEMOS OBRADOIRO DE COCIÑA  E PREPARAMOS UNHA DELICIOSA MERENDA : BOCADILLO DE NOCILLA (PORQUE ÓS UNICORNIOS NOS ENCANTA O CHOCOLATE...) E BATIDO DE AMORODO.
PASÁMOLO MOI BEN PREPARANDO A MERENDA E, SOBRE TODO... COMÉNDOA!
AQUÍ TEDES O VÍDEO :

OS PINGÜÍNS TAMÉN COCIÑAMOS

Esta semana os Pingüíns fixemos un delicioso batido de amorodo e un bocadillo de peituga de pavo e queixo para merendar. Estaba todo boísimo! Mirade que ben o fixemos:

Click to play this Smilebox slideshow

21/03/2014

DÍA DA POESÍA

Hoxe, 21 de marzo, celebramos o Día da Poesía. Aprendemos un poema de Antonio García Teijeiro, levámolo colgado nun colar, e como é tradición, levamos un caravel para casa. Aquí vos deixamos algunhas fotos e o recitado do poema polas tartarugas .




07/03/2014

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

O mes de marzo chéganos cheo de novidades! Ademais de ser o mes da poesía, o mes no que comeza a primavera, do 10 ao 14 a semana da prensa... o 8 é o día da muller. Por iso, hoxe, na clase dos Pingüíns estivemos falando do tema e fixemos este mural tan chulo con debuxos de diferentes mulleres desenvolvendo diferentes tarefas: dende policías a condutoras de autobús, pasando por repartidora de bombonas, mariñeiras, mestras...




AQUÍ ESTAMOS OS PINTORES... DE 5º DE INFANTIL




LECTURAS FAVORITAS

XA MARCHOU FEBREIRO COS SEUS VINTEOITO...E XA TEMOS AQUÍ O CONTO E A POESÍA QUE MÁIS GUSTARON ÓS UNICORNIOS:

                        O MELLOR CONTO DO MES










                A MELLOR POESÍA DO MES