Na clase de música cantamos e bailamos a canción de "Milo, o coello branco". A que poñemos cara de coelliños de verdade?
A letra e a música é de Susa Herrera. Está no seu libro "Animais encantadores".
Os nenos e nenas de terceiro curso de primaria fixeron o cartel coa programación que imos seguir o venres 28 de febreiro, na celebración do Entroido. Aquí o tedes:
Hoxe tivemos a sorte de recibir a visita de Berto, un empleado de Renfe, e pai dun pingüín, que se ofreceu a vir contarnos cousiñas sobre os trens. Explicounos moitísimas cousas, pero o que máis nos gustou foi que nos ensinara os trens-bala, non sabiamos que existían!. Grazas Berto!!!
O 24 de febreiro Rosalía de Castro, cumpriría 177 anos. No día do seu aniversario os colexios do Morrazo réndenlle homenaxe recitando os seus versos, do poema Alborada de Cantares Gallegos:
ONTE REMATAMOS AS NOSAS SESIÓNS DE "CONTADAS" DOS XOVES.
TOCOULLE A VIDA POÑER O "COLORÍN COLORADO" E FÍXOO DUNHA MANEIRA MOI ESPECIAL:
XUSTO NESTE MES DE FEBREIRO, O MES DE ROSALÍA, CANTOU E RECITOU A SÚA FERMOSA ALBORADA, ACOMPAÑADA DA MÚSICA DE UXÍA ( DO SEU LIBRO-DISCO "ROSALÍA PEQUENIÑA" ).
FOI TAN BONITO, QUE Ó REMATAR RECIBIU UNHA CHEA DE APERTAS...TANTAS, QUE CASE A APLASTAN!
MOITAS FELICIDADES A TODOS OS NENOS E NENAS DA CLASE DOS UNICORNIOS E ÁS SÚAS FAMILIAS
( QUE LLES AXUDARON A PREPARAR OS CONTOS E OS POEMAS ), PORQUE O FIXERON MARABILLOSAMENTE BEN:
Hai un par de semanas, na clase dos Pingüíns sucedeu algo que non tiñamos previsto... aprendemos a sumar! Si, si, a sumar, como os maiores. Xa xuntabamos elementos, pero aínda non lle chamabamos suma nin empregabamos a simboloxía. Pois agora todo o sumamos, sumamos na asemblea, sumamos as letras das palabras, facemos os símbolos cos dedos,... ata na clase de Tics atopamos un xogo de sumar!
ESTA MAÑÁ ,CANDO ESTABAMOS NA HORA DE LER,RECIBIMOS UNHA VISITA INESPERADA : OS NENOS E NENAS DE 4º VIÑÉRONNOS DAR OS BOS DÍAS DUNHA MANEIRA MOI ESPECIAL: RECITÁNDONOS UNHA FERMOSA POESÍA DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO. VENTOS Que veña o vento fungón, Que lle quero pero preguntar A cor dos ollos das nubes, A cor dos ollos do mar. Eu coido que son azuis Verdes, grises, de cristal, Mais calquera cor que teñan Será sempre a cor da paz. ( Antonio García Teijeiro )
Encántanos esta canción de Enrique y Ana sobre os planetas, non deixamos de cantala todo o día! Así que decidimos colgala no blog para poder cantala sempre que queiramos. Aínda que nos demos de conta de que ten un pequeno erro, xa que, logo dunha minuciosa investigación pola wikipedia e youtube, sabemos que agora Plutón non se considera un planeta como o resto, senón que é un planeta anano.