30/01/2014
OS XOVES CONTAMOS NÓS
HOXE CONTOUNOS ZAIRA UN CONTO TITULADO A BALEA. E,COMO A NÓS NOS GUSTOU MOITO E A ELA LLE ENCANTOU CONTALO ( QUE O SABÍA "DE RECHUPETE" ), REPETIUNO VARIAS VECES.
29/01/2014
SOMOS ARTISTAS!
NA CLASE DOS UNICORNIOS TEMOS UN RECUNCHO NO QUE EXPOÑEMOS AS NOSAS OBRAS DE ARTE: O TABOLEIRO DAS COUSAS BONITAS.
ESTA SEMANA DESCUBRIMOS A TÉMPERA SÓLIDA E PINTANDO CON ELA E CON ROTULADORES, FIXEMOS UNS CADROS QUE NOS QUEDARON...
ASÍ DE BONITOS:
ESTA SEMANA DESCUBRIMOS A TÉMPERA SÓLIDA E PINTANDO CON ELA E CON ROTULADORES, FIXEMOS UNS CADROS QUE NOS QUEDARON...
ASÍ DE BONITOS:
Etiquetas:
6º infantil,
Competencia artística,
Curso 2013-2014,
Traballos alumnado
XA NOS MEDRAN OS XACINTOS
As tartarugas estamos moi emocionadas porque algúns xacintos xa teñen flor. Algúns xa os levaron para casa!!!. Agora coidalos moito e non vos esquezades de botarlle auga para que sigan medrando.
Etiquetas:
4º Infantil,
Aprendemos observando,
Curso 2013-2014
28/01/2014
INVESTIGAMOS SOBRE O SOL: VÍDEOS QUE NOS GUSTAN 1
AGORA MESMO ESTAMOS NA CLASE A PUNTIÑO DE MARCHAR E COMO VIMOS EN YOUTUBE DOUS VÍDEOS QUE NOS GUSTARON MOITO, QUERIAMOS DEIXALOS POSTOS NO BLOG PARA PODER VELOS NA CASA COA FAMILIA.
UN SAÚDO,
OS PINGÜÍNS
UN SAÚDO,
OS PINGÜÍNS
Etiquetas:
5º infantil,
Curso 2013-2014,
Proxecto Sol,
Recursos dixitais
27/01/2014
CLASE PRÁCTICA DE MOCOS!
Os mocos están invadindo os pingüíns! E como moitos deles non sabían aínda sonar ben o nariz, hoxe fixemos unha clase práctica!
Lembrade que é básico a práctica na casa!
Etiquetas:
5º infantil,
Curso 2013-2014
23/01/2014
A caixa de disfraces!
Este tempo tennos fartiños! Levamos tantísimo tempo sen sol que ata decidimos investigar sobre el, a ver se atopamos onde se esconde!
Mentres tanto, menos mal que os Reis Magos acertaron ben co seu agasallo e nos divertimos moito coa nosa caixa de disfraces. Mirade!
Mentres tanto, menos mal que os Reis Magos acertaron ben co seu agasallo e nos divertimos moito coa nosa caixa de disfraces. Mirade!
Etiquetas:
5º infantil,
Celebracións: O Entroido,
Curso 2013-2014
OS XOVES CONTAMOS NÓS
PINCU, EL PINGÜINO JUGUETÓN É A HISTORIA DUN PINGÜÍN QUE XOGA ÁS AGACHADAS COS SEUS AMIGOS NUN CONTO CHULÍSIMO ESCRITO POR MOTT BUCKINGHAM, QUE HOXE NOS CONTOU MATEO E QUE NOS ENCANTOU.
21/01/2014
Benvido José Manuel!
Á volta das vacacións de Nadal atopámonos cunha sorpresa... por fin chegou o novo compañeiro! Chámase José Manuel e agasallámolo cun pequeno libriño no que nos presentabamos.
Etiquetas:
5º infantil,
Curso 2013-2014
19/01/2014
POEMA DE OUTONO
As tartarugas aprenderon a recitar este bonito poema de outono. Mirade que ben lles quedou!
Etiquetas:
4º Infantil,
Competencia na expresión oral,
Curso 2013-2014
17/01/2014
16/01/2014
AS NOSAS LECTURAS FAVORITAS
ACABAMOS DE EMPEZAR UN NOVO ANO E OS UNICORNIOS ESPERAMOS QUE VEÑA CARGADO DE MOITOS CONTOS E POESÍAS QUE POIDAMOS GOZAR E COMPARTIR CON TODOS E TODAS.
ESTES QUE VOS PRESENTAMOS AGORA SON OS QUE MÁIS NOS GUSTARON DO MES DE DECEMBRO:
O MELLOR CONTO DO MES
A MELLOR POESÍA DO MES
Etiquetas:
6º infantil,
Curso 2013-2014,
Fomento da lectura
OS XOVES CONTAMOS NÓS
HOXE,XOVES,RETOMAMOS AS NOSAS SESIÓNS SEMANAIS DE CONTOS E POESÍAS E FOI UNAI O ENCARGADO DE RECITARNOS UNHA BONITA VERSIÓN DO POEMA DE GLORIA FUERTES LOS PECES VAN A LA ESCUELA.
12/01/2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)