07/11/13

O magosto e o San Martiño na aula dos Pingüíns

Na clase dos Pingüíns estivemos a falar estes días sobre o magosto e, como xa temos internet na aula, decidimos buscar información. Así, atopámonos con que nestes días se leva a cabo a vendima, a matanza do porco,... e que o 11 de novembro se celebra en Moaña o San Martiño. A moitos xa nos soaba esa festividade, incluso Xavi ensinounos un refrán que o resto aprendemos de contado: Polo San Martiño, trompos ao camiño. Ao día seguinte...



¡Sorpresa! Adrián e Mateo trouxéronnos dous trompos e estivemos probando a enrosca-la corda nel... aínda que é máis difícil do que asemella.

Buscamos tamén na rede outros refráns sobre o San Martiño e escollemos dous: o que nos dixera Xavi e A todo porquiño lle chega o seu San Martiño:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.