XA ESTAMOS DE NOVO!
Xa rematou isto de ser os pequenos do cole! Agora xa estamos na aula dos maiores de 4 anos e ben que se nos nota! Cantísimo medramos neste verán...
Nestes días andivemos moi liados descubrindo os nosos novos espazos e materiais, investigando que cousas nos facían falla, anotando para Paco as temáticas dos libros que queremos para a nosa biblio, escollendo como queriamos chamarnos este ano... moitísimas cousas!
Se ben, o que máis nos gustou de todo foi estrenar o curso co noso novo conto, así que con esta foto nosa e con CARABUÑAS dámosvos a benvida a outro ano xenial:
Feliz comezo de curso de parte da
AULA DOS PINGÜÍNS
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.