Os Hamsters recibimos unha carta de Paco. Quería aprender cousiñas sobre o mar, concretamente sobre as bateas. Preguntounos:PARA QUE SERVEN AS BATEAS?.As respostas dos nenos e nenas de 6º de Infantil foron as seguintes: - Para pescar peixes. - É un barco para navegar en lagos. - Sirve para que nazan peixes. - Para pescar medusas. - Para agarrar cousas. -Para coller polbos, mariscos, centolas,... - Para coller mexillóns e caranguexos. - Para que nazan as crías dos mexillóns. - Para coller mexillóns e despois comelos. - Para coller caranguexos e peixes. - Son unhas táboas que están no mar, que son rectangulares, debaixo hai unhas cordas con mexillóns colgados. Despois veñen os barcos e collen os mexillóns e lévannos as tendas e supermercados e despois vai a xente e compraos.
Como non nos poñiamos de acordo decidiron preguntarlles os papás e mamás, que eles saben de todo. Fixemos hoxe a nota, así que mamás e papás dos Hamsters, necesitamos a vosa axuda para esta nova investigación.
Os hamsters visitamos cos nenos e nenas de 1º o Porto de Vigo, xa que estamos traballando o tema do mar no cole. Visitamos a lonxa e atopámonos alí cuns tiburóns, que medo!. Ensináronnos tamén os peixe espada, o xeo, a xona de empaquetado, os diferentes peixiños e tamén o viveiro. E despois de tanto aprender, fomos a merendar e a xogar ó parque.