24/05/12

Concerto de Pesdelán

O 14 de maio participamos na festa do Correlingua, que se celebrou por primeira vez en Moaña. Asistimos a un concerto de grupo Pesdelán, organizado polos equipos de Dinamización Lingüística en colaboración coa Federación de ANPAS de Moaña e a Comunidade de montes de Domaio. Foi unha xornada moi divertida.Non paramos de mover o esqueleto.

14/05/12

Nós tamén somos escritores e escritoras

Un novo conto audiovisual, neste caso creado polo alumnado de 6º de Infantil. Deles son os textos as ilustracións e as voces:

08/05/12

Música para todos e todas

Nesta páxina da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística podemos atopar unha recompilación de discos e recursos de música para os máis novos. Preme na imaxe para acceder

Preparándonos para o concerto de Pesdelán

O VINDEIRO LUNS 14 DE MAIO IMOS PARTICIPAR NO CONCERTO QUE O GRUPO PESDELÁN VAI DAR NO PALCO DA MÚSICA DE MOAÑA. IMOS BAILAR AS DANZAS QUE APRENDEMOS NA CLASE DE MÚSICA: O CAMIÑO DE VISEU, A CARRASQUIÑA, O GARUTIÑO... PREPARAMOS UNHA CAMISETA PINTANDO UNHA PALABRA QUE NOS GUSTABA, E QUEDARON BEN FERMOSAS:

Traballando a horta

ESTIVEMOS TRABALLANDO NA HORTA, APRENDEMOS O QUE ERAN AS RAÍCES E AS PARTES DAS PLANTAS, E PARA QUE SERVÍAN. CERTO QUE NA CLASE DE 6º XA SABÍAN MOITO DE PLANTAS E ATA CONTARON QUE AS RAÍCES SERVEN TAMÉN PARA AGARRAR AS PLANTASE QUE NON AS LEVE O VENTO. AQUÍ ESTÁN AS IMAXES:

Conta que che conto

 "Conta que che conto", nesta actividade compartimos contos entre os nenas e nenas do cole.O alumnado de 4º de primaria fixo de contounos " O coeliño branco" co kamisibai:

07/05/12

Os traballos dos papás e as mamás

JOSE, O PAI DE HELENA, É CONDUTOR SANITARIO.
ESTIVO NA CLASE DE 6º DE INFANTIL E , ANQUE NON PUIDO TRAER A AMBULANCIA QUE CONDUCE ( QUE PENA! ),VEU CARGADO DE MATERIAL.
FALOUNOS DO SEU TRABALLOE ENSINOUNOS UN MONTÓN DE COUSAS INTERESANTÍSIMAS: QUE HAI QUE FACER CANDO SANGRA O NARIZ, COMO HAI QUE LIMPAR UNHA UNHA FERIDA, A QUE NÚMERO HAI QUE CHAMAR CANDO SE PRECISA UNHA AMBULANCIA,...
TAMÉN NOS DEIXOU PROBAR ALGUNHAS DAS COUSAS QUE SE UTILIZAN COS FERIDOS E ENFERMOS E, COMO ERA DE BROMA, PASÁMOLO PIPA!







06/05/12

Os traballos dos papás e mamás II

   EDITH, A NAI DE VALERIA, ESTIVO NA CLASE DE 6º DE INFANTIL PARA EXPLICARNOS EN QUE CONSISTE O SEU TRABALLO:
 ELA É PUBLICISTA  E CONTOUNOS QUE FAI ANUNCIOS DE MOTOS, DE RESTAURANTES, DE TENDAS E DE MOITAS COUSAS MÁIS, PARA POÑELOS NA RADIO E QUE OS COÑEZA TODO O MUNDO.
  ESCOITAMOS ALGÚNS DESES ANUNCIOS ( QUE NA RADIO SE CHAMAN CUÑAS)E VIMOS FOTOS DOS PRODUTOS QUE ANUNCIABAN.
                                 FOI MOI INTERESANTE!






"Frére Jacques"


ESTES SON OS NENOS E NENAS DE 6º DE INFANTIL, CANTANDO EN FRANCÉS  A CANCIÓN "FRÈRE JACQUES ".

Os traballos dos papás e as mamás

NA CLASE DE 6º DE INFANTIL ESTAMOS RECIBINDO MOITAS VISITAS DE MAMÁS E PAPÁS QUE NOS VEÑEN FALAR DOS SEUS TRABALLOS.


ROSA, A NAI DE LUCÍA, É TRADUTORA DE INGLÉS E FRANCÉS:ESCRIBE EN CASTELÁN  TEXTOS QUE ESTÁN ESCRITOS NOS OUTROS IDIOMAS.


    CONTOUNOS UN CONTO EN FRANCÉS (E TRADUCIUNO ), MOSTROUNOS UN DICIONARIO CON IMAXES E PALABRAS EN VARIAS LINGUAS E ENSINOUNOS UNHA CANCIÓN EN FRANCÉS ( "FRÈRE JACQUES" ).










03/05/12

Quintela: 100 anos de escola

                   Quintela: 100 anos de escola en Moaña
                                         1912-2012
 4 de Maio de 2012
19 h. No CEIP Quintela 
Inauguración da exposición de fotos.
Presentación da recreación dunha aula tipo da metade do século pasado.
Ambas exposicións estarán abertas ao público do 4 ao 24 de maio, de 16 a 18 h.


20 H Centro Cultural Daniel Castelao.
Faladoiro "As nosas vivencias na escola"
Participarán: Elisa de la Peña, Pepe O Caramuxo, Modesta Fandiño, Pepe O Roxo e Filomena Lago.


Participa e comparte connosco os teus recordos.

02/05/12

Contando contos

XA REMATOU ABRIL, O MES DO LIBRO, E POLA CLASE DE 6º DE INFANTIL PASARON UNHA CHEA DE CONTACONTOS, QUE NOS AGASALLARON CON FERMOSAS HISTORIAS:





                                  
                      "QUERES XOGAR COMIGO?" (NENOS E NENAS DE 5º DE E.I. )








                            "QUE CHE GUSTARÍA SER?" ( NENOS E NENAS DE 1º )







 "O COELLIÑO BRANCO" ( NENOS E NENAS DE 4º )




 "ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS" ( ANA, MAMÁ DE SARAY CURRO ) 




 "ZOG" ( ROSA, MAMÁ DE MAR, DE 1º )



                                     MOITAS GRAZAS A TOD@S!
                                 ENCANTÁRONNOS!




01/05/12

Saida as Bodegas Costas

O luns visitamos as Bodegas Costas, xa que traballan alí os papás de Uxía, e na clase dos leóns estamos traballando os oficios. Aprendemos moito sobre a elaboración do viño e aproveitamos dende aquí para darlles as grazas outra vez pola súa acollida.