12/11/12

O XORNAL

Os nenos e nenas de 6º de Infantil empezamos a traballar co xornal. Decubrimos que hai diferentes xornais, que teñen o mesmo tamaño, o mesmo papel,..., pero con distintos nomes. Descubrimos tamén que hai unhas letras mais grandes que outras, que hai fotos con letras por debaixo, anuncios, que non está grapado e se nos moven as follas se non temos coidado,... Cada parella escolleu unha noticia que lles chamou atención: uns de política, outros de deportes,..., e o final escolleron entre todos a noticia do tempo, que estaba na última páxina, e a lemos. Todos os martes investigaremos mais cousas, a ver que mais aprendemos. Xa vos contaremos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.