29/06/2012

20/06/2012

De maior quero ser...

Os pequenos e pequenas de 4º de Infantil  explicannos o que queren ser de maiores:

COLLEITA NA HORTA

AS NOSAS LEITUGAS MEDRARON CON TODA A CHOIVA DESTE MES, NON O FIXERON ASÍ AS CEBOLAS, QUE DESAPARECERON DE XEITO ESTRAÑO.  ESTAS SON AS LEITUGAS QUE RECOLLEMOS:

18/06/2012

ENGLISH TIME

 UN RATIÑO DE INGLÉS:

Lecturas para monte e praia


Queridas familias:
Este curso tedes de novo a posibilidade de levar en préstamo durante o verán un lote de libros da biblioteca escolar.

Este lote estará formado por un máximo de 15 libros, e poderá permanecer nas vosas casas ata setembro.

Os libros podedes seleccionalos na biblioteca a partir do luns 18. 
Dúas nais, do equipo de apoio á biblioteca estarán alí para atendervos de  9  a 9:30, e de 13:30 a 14 h.

Tamén podedes collelos o día da entrega de notas, luns 25 de Xuño.
                                                                        

VISITA DO PAPÁ DE LUCÍA

NICOLÁS, O PAI DE LUCÍA, É DIRECTOR COMERCIAL DE "VISIÓN ARTIFICIAL" E VEUNOS CONTAR QUE FAI NO SEU TRABALLO:FAN CÁMARAS ESPECIAIS PARA FÁBRICAS,PARA ROBOTS, PARA A POLICÍA DE TRÁFICO,...
ENSINOUNOS VÍDEOS MOI INTERESANTES ( SOBRE TODO, UN DUNS ROBOTS QUE PELEXABAN ) E DEIXOUNOS MIRAR POR UNHA CÁMARA DE INFRAVERMELLOS.
FOI MOI INTERESANTE!


13/06/2012

VISITA DA NAI DE HELENA

A NAI DE HELENA CHÁMASE BEA E É DELINEANTE.
ENSINOUNOS COMO SE FAN OS PLANOS DAS CASAS E FÍXONOS UN DA CLASE DE MÚSICA : NÓS FÓMOSLLE DICINDO ONDE TIÑA QUE COLOCAR AS PAREDES, AS VENTÁS, A PORTA,...E QUEDOU MOI CHULO.
TAMÉN NOS ENSINOU UN PLANO DO COLE E APRENDEMOS A LOCALIZAR NEL A NOSA CLASE, A DE PRIMEIRO, A DE MÚSICA, A BIBLIOTECA E OS BAÑOS.
Ó PRINCIPIO PARECÍA DIFÍCIL, PERO DESPOIS TODOS E TODAS O CONSEGUIMOS. 





Os xoves contamos nós....

Os nenos e nenas de 6º de Infantil contaron todos os xoves un conto aos compañeiros/as. :

12/06/2012

Obradoiro de cociña

Os nenos e nenas de 5º de Infantil fixeron tortitas: prepararon a masa, cociñaron e degustaron as deliciosas tortitas con nata e chocolate. Estaban riquísimas!

11/06/2012

Cociñando tortitas

Aquí podemos ver o vídeo coas fotos do obradoiro de cociña en 4º de Infantil:

Cociñando tortitas

Aquí podemos ver o vídeo coas fotos do obradoiro de cociña en 4º de Infantil:

03/06/2012

A enquisa sobre a lingua en Infantil

Velaí a nota informativa que elaborou a CGENDL sobre a enquisa ás familias dos novos matriculados en 4º de Infantil para o curso 2012-2013: