O DÍA DO MAGOSTO TROUXEMOS MOITAS CASTAÑAS AO COLE.
CADA UN TIÑA A SÚA BOLSA E TODOS ESTABAMOS DE ACORDO EN DÚAS COUSAS:
-TODOS E TODAS TIÑAMOS MOITAS CASTAÑAS
- UN MESMO ERA O QUE TROUXERA MÁIS QUE TODOS.
EN REALIDADE O QUE A PROFE QUERÍA ERA QUE LLE PUXERAMOS UNHA CANTIDADE A AQUELAS CASTAÑAS, OU QUE DE ALGÚN XEITO DIFERENCIARAMOS E ORDENÁRAMOS AS CANTIDADES.
PRIMEIRO ORDENÁMOLAS FACENDO UNHA FILA ....E TODAS AS FILAS ERAN MOI GRANDES!
ASÍ QUE FIXEMOS RODAS CON ELAS....AGORA SÍ QUE ERA FÁCIL VER CALES ERAN MÁIS GRANDES!!
AÍNDA ASÍ ACORDAMOS TRES CATEGORÍAS: SUPERGRANDES, MOI GRANDES E GRANDES!!!
SEN DIFICULTADE FOMOS QUEN DE POÑER O NOSO CÍRCULO NUN DESTES TRES GRUPOS.
e ASÍ IMOS APRENDENDO QUE NON TODAS AS CANTIDADES SON IGUAIS, E QUE UNHAS SON MÁIS GRANDES QUE OUTRAS .
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.