23/02/10

ENTROIDO

NEWTON E AS SÚAS MAZÁS DISFRUTARON DO DÍA DO ENTROIDO COMENDO ORELLAS, FILLOAS, ROSQUILLAS, CANTANDO A COPLA... E COMO TODOS OS ANOS O COLE PARTICIPOU NO ENTERRO DA XOUBIÑA. ESTE É UN VÍDEO ESPECIAL, XA QUE PARTICIPARON OS NENOS E NENAS DE INFANTIL COAS SÚAS VOCES. FIXÉRONO MOI BEN!

21/02/10

As mazás de Newton II



Aquí estamos as mazás dando avío ás sobremesas de entroido e desfilando no Enterro da Xoubiña:

As mazás de Newton


Contan que estando Newton na súa horta, o movemento de caída dunha mazá inspirou a súa Lei de Gravitación que é a que explica por que todos os corpos caen cara a terra.
Como no cole todos foron disfrazados de científicos e inventos, nós en Infantil fomos de mazá de Newton.
Esta é a copla que inventamos para cantar neste entroido:

09/02/10

As mazás e a ciencia

Acércase o Entroido, e nas aulas de Infantil hai moiiiiiiiiiiiiitas mazás.

Pero son unhas mazás moi importantes, porque axudaron aos científicos a descubrir cousas,...