Como tódolos anos, elaboramos postais para felicitar o nadal ás nosas familias. Fixemos unha escapada ata correos para envialas, esperamos que chegasen a tempo.
Como tódolos anos, elaboramos postais para felicitar o nadal ás nosas familias. Fixemos unha escapada ata correos para envialas, esperamos que chegasen a tempo.
Os nenos e nenas de Educación Infantil despois da visita dos reis magos despedímonos deste ano compartindo unha rica merenda ... chocolate, churros e biscoitos.
O alumnado de 6º de infantil aprendeu a usar a cortadora láser para facer uns canciños de cartón. Visualizaron todo o proceso na biblioteca e logo tocou decorar os cans.
O alumnado de 6º de infantil investigou este trimestre sobre a súa mascota, "Os canciños". Buscaron información na biblioteca e con todo o recollido e investigado elaborarn un "lapbook" con todo o aprendido.
Unha vez rematado o traballo, compartiron a información cos compañeiros e compañeiras de 1ºP e 4ºP.
Tocoulles o turno nas semanas de decembro a Efrén e Álex, que nos contaron os contos de "Tengo un volcán" e "La ovejita que vino a cenar".
Desfrutamos moitísimo coas sesións de contos dos compañeiros/as.
Aquí temos os carteis coa programación das distintas actividades do venres 19 realizada polo alumnado de 3º de primaria.
Está todo moi ben explicadiño!
Esta semana recibimos no colexio unha visita moi especial. Samuel, o pai de Jacobo, e Isaac, presentáronnos aos seus canciños: Yas e Cen, uns cans que teñen un misión moi especial, xa que son cans de terapia, e Panda, un can moi simpático que nos fixo un montón de acrobacias.
Este venres obradoiro de ciencias e de arte: experimentos e Nadal.
Despois de ver aos nenos e nenas de 4º de primaria na súa exposición de ciencias non podíamos resistir a curiosidade.
Fixemos os nosos propios experimentos.
No cole, traballamos o Día da Diversidade. O departamento de orientación preparou unha exposición que amosa a realidade para unha persoa con discapacidade cando escoita frases que consideramos "normais" dicir.
Nos cursos de infantil e algúns de primaria, prepararon unha ficha na que cada persoa escribía sobre os seus gustos e logo fixeron un intercambio de puntos de vista sobre o diferentes e diversos que somos.
O que nos quedou claro é que non hai dúas persoas iguais, todos somos diferentes e non por iso somos mellores nin peores.
Os os nenos e nenas de Infantil fomos a biblioteca para ver os experimentos preparados polos nenos e nenas de 4º de primaria .
Encantóunos... parecía maxia.
Con este gran cartón ondulado da instalación de outono, conseguimos facer un labirinto no ximnasio. Aínda que sabíamos que tiñamos que ter coidado para que non caese todo...
corrimos , gateamos e disfrutamos moitísimo.
Os nenos de Educación infantil 1º, 2ºe 3º de primaria disfrutaron na instalación de Outono.
Un percorrido cheo de sorpresas para experimentar coa luz e a natureza.
Os "canciños" prepararon por parellas algunhas emocións para explicarlle aos seus compañeiros. Para iso utilizamos uns libros especiais de emocións.
Este venres obradoiro sensorial : "tocar e sentir".
Os nenos e nenas de infantil tocaron coas súas mans e cos seus pés diferentes texturas creando diferentes sensacións e disfrutaron xogando coas cores con pipetas.