INFANTIL EN QUINTELA
23/06/2025
DESPEDIDA DE 6º DE EI
19/06/2025
VISITAMOS A AULA DE 6ºI
Chegan as vacacións, pero antes toca visitar a aula na que imos estar o curso que ven. As bolboretas, acompañados dos pandas, visitaron a aula de 6ºI, xa que en setembro xa nos toca estar no cole dos maiores.
CONTACONTOS DE 2ºP
O alumnado de 2ºP, foron os protagonistas de novo esta semana, xa que fixeron varios contacontos polas aulas do colexio. O luns visitaron a aula de 5ºI, Alicia, Laia, Iliana e Asier, para contar dous contos os pequenos do colexio.
NORABOA!!! QUE BEN O FIXERON!!!
AS FAMILIAS CONTAN EN 5ºI
Rematamos onte en 5ºI coa actividade de fomento da lectura "As familias contan". Nesta ocasión, Alba, irmá de Laia, contounos dous contos, "Hai un tigre no xardín" e "Unicornios".
GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POR COLABORAR NESTA ACTIVIDADE TAN ENRIQUECEDORA!!
16/06/2025
OS LUNS CONTAMOS NÓS
Lucas foi o encargado de pechar as nosas sesións de contadoras e contadores e fíxoo cunha nova aventura da serie "Escuela de monstruos", de Sally Rippin.
Rematamos, así, esta actividade tan bonita, coa que demostramos que estamos listas e listos para contar muito e moi ben en primaria.
MUITAS GRAZAS, LUCAS!
15/06/2025
AS FAMILIAS CONTAN EN 6º DE INFANTIL
13/06/2025
CONVIVENCIA EN CASTRELOS
A pesar de que o tempo non nos acompañou nalgún que outro intre, a xornada de convivencia en Castrelos foi moi amena e divertida.
12/06/2025
RECOLLEMOS AS LEITUGAS
Xa é tempo de recoller o que sembramos na horta. As leitugas xa medraron e agora toca facer ricas ensaladas.
11/06/2025
CONTACONTOS
AS FAMILIAS CONTAN EN 5ºI
Xa case rematamos coa actividade "As familias contan". A semana pasada tivemos a visita de Mara e Antía, curmá e irmá de Álex, e tamén a avoa de Óliver. Moitas grazas ás familias pola súa participación!!!
06/06/2025
TEATRO DE "OS TRES PORQUIÑOS"
As bolboretas, despois de moito investigar sobre o teatro, e de crear un teatrillo, decidimos representar o conto de "Os tres porquiños". Dividimos o alumnado en tres grupos e representamos a obra de teatro con títeres para os nosos compañeiros e compañeiras.
Amaia, Paula, Sofía e Lucas, representaron a obra para o curso de 3ºP.; Efrén, Sofía, Laia e Pepe para o curso de 2ºP. e Christian, Naira, Óliver e Alez para Infantil.
02/06/2025
Letras Galegas
01/06/2025
OS LUNS CONTAMOS NÓS
Nestas semana tivemos varias sesións na biblio:
Mateo trouxo " Mi primer gran libro del océano", de National Geografic, e contounos cousas moi interesantes dalgúns animais mariños.
Chloe narrounos a historia da rata "Grisela", co libro de Anke de Vries e Willemien Min e cun simpático monicreque.
31/05/2025
MIÑA ABUELA MANUELA
O alumnado de 4ºI e 5ºI, polo festival das Letras galegas, cantou e bailou a canción de Migallas, "Miña abuela Manuela". Aquí os tedes de velliños e velliñas.
TEATRO QUINTELA PRESENTA...
PRÉSTAMOS DE BIBLIOTECA
O alumnado de infantil fai un préstamo semanal na biblioteca de Paco. Disfrutamos dunha hora de biblioteca semanal onde os nenos e nenas devolven o conto da semana pasada, disfrutan un rato de lectura e escollen o conto que queren levar esa semana na súa carpeta de biblioteca. E logo para rematar sempre hai unha sesión de contacontos.