22/04/2020

PLÁSTICA

OLA PEQUES!!!HOXE PROPOÑEMOS UNHA ACTIVIDADE PLÁSTICA: BOLBORETAS DE PRIMAVERA.

NECESITADES:
  • Filtros de café.
  • Vaporizador con auga.
  • Rotuladores(non permanentes, se é posible de punta grosa)
  • Unha pinza da roupa
  • Un prato
PASOS A SEGUIR:
  1. Cos rotuladores pintaremos puntiños de diferentes cores sobre o filtro. É aconsellable apoiar a punta do rotulador sobre o filtro e deixalo uns segundos, para que a tinta baixe e non rompelo.
  2. Cando completemos cos puntiños, poñemos o filtro nun prato e asperxemos un pouco de auga. A tinta dos rotuladores comezará a diluírse mesturando as cores. Deixamos secar.
  3. Unha vez o filtro estea seco, dobrámolo cara ao centro para formar unha especie de lazo. Colocamos a pinza xusto no medio, de maneira que suxeite esa parte e xa o temos listo.
    ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E GOCEDES MOITO!!!!!!!

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario

    Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.