21/04/2020

LEOPARDOS, INVESTIGAMOS?

Paco viaxou moito este curso. Primeiro estivo nas pirámides de Exipto, e despois marchou a China e paseou pola enorme Muralla. Acordádesvos? Aprendemos moitas cousas de Exipto e de China.

Pois resulta que agora Paco volveu coller un avión e aterrou nunha cidade que non coñece pero que ten un monumento un pouco peculiar. Coñecédelo?




Se sabedes onde está, avisádeme, para poder dicirlle se está cerca xa de Moaña, ou ten que coller outro avión para vir. Este paco é un pouco despistado!


Investigade e escribides nunha folla ou cartolina esta información para o noso ratiño Paco:


  • Nome do monumento
  •  País onde se localiza
  •  Continente
  • Se queredes escribir algunha curiosidade máis para explicarlle a Paco, estupendo (en que cidade está, canto mide, de que está feito, cal é a bandeira do país, ...)
Non vos olvidedes de sacarlle unha foto e mandarme un correo para explicarlle a Paco onde se atopa!!!

A investigar, leopardos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.