20/04/2020

DÍA DO LIBRO EN INFANTIL

Esta semana , o   23 de abril, celébrase o día Internacional do libro.
Este curso temos que celebrar este día que tanto lle gusta a Paco desde as nosas casas, pero non imos deixar de facerlle chegar uhna morea de contos, para que saiba que seguimos lendo moito e que botamos de menos ir á biblio. 

Na tarefa de hoxe Paco quere encomendarche que envíes un pequeno vídeo duns 15 segundos como máximo, recomendando un conto aos teus compañeiros e compañeiras do cole.  Debedes mandalo entre hoxe luns e mañá martes 21, para que teñamos tempo de montar o vídeo para o Día do Libro.

No vídeo deberás dicir :
1. Chámome...
2. O meu libro favorito titúlase...
3. Gústame porque...

Este é un guión para que vos orientedes pero podedes modificar algo se queredes.

Saúdos de Paco!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixanos o teu comentario aquí.Non esquezas por o teu nome, pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.