20/12/18

5º DE INFANTIL COAS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

DESPOIS DE COÑECERNOS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES,NESTAS SEMANAS OS DINOSAUROS REUNÍMONOS COS NENOS E NENAS DE 4º DE PRIMARIA E XA TEMOS CADA UN DE NÓS A NOSA MADRIÑA OU O NOSO PADRIÑO LECTOR.  ESTIVERON  LENDO CON NÓS NA BIBLIOTECA E CONTÁNDONOS UNS CONTOS  FERMOSÍSIMOS.








OS CANS QUEREN DESEXARVOS UN BO NADAL DUNHA MANEIRA MOI ESPECIAL




18/12/18

VISITA A CORREOS

A SEMANA PASADA TODAS AS NENAS E NENOS  DE INFANTIL FOMOS  Á OFICINA DE CORREOS PARA ENVIAR UNHAS CARTAS ÁS NOSAS FAMILIAS.

                                              


 

















ESTADE ATENTAS Á CHEGADA DO CORREO...PORQUE VOS VAN ENCANTAR!

16/12/18

INVESTIGACIÓN SOBRE OS CANCIÑOS

O ALUMNADO DE 6º DE INFANTIL, ESTIVO TODO O TRIMESTRE INVESTIGANDO SOBRE A SÚA MASCOTA: OS CANS
AQUÍ OS TEDES, EXPLICÁNDOLLES AOS NENOS E NENAS DE 5º DE INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA TODO O QUE APRENDERON.
FIXÉRONO XENIAL. 
FELICIDADES CANCIÑOS!!!


03/12/18

BITS DE INTELIXENCIA: OS CANS


O alumnado de 6º de infantil segue co seu proxecto "Os canciños", e nesta ocasión  elaboramos un Libro de bits de intelixencia de razas de cans, porque este tema centrou moito a curiosidade dos nenos/as.