Moitas grazas ás familias que participastes!
26/05/2015
23/05/2015
O PRÉSTAMO DE CONTOS NA BIBLIOTECA
Os golfiños facemos a devolución e o préstamo dos contos na biblioteca os xoves, e así de paso, aproveitamos para aprender os números. Mirade que ben o facemos!!!
Etiquetas:
5º infantil,
Biblioteca escolar,
Competencia matemática,
Curso 2014-2015
22/05/2015
ABRIL, MES DO LIBRO, NA CLASE DOS GOLFIÑOS
Este mes de abril estivo cargado dun montón de actividades e os golfiños gozaron con cada unha
delas.
Fixemos na clase a exposición dos nosos contos favoritos, Paco regalounos un conto a cada un de nós e como todos os anos visitamos na biblioteca a exposición dos contos das librarías.
Este ano participamos tamén na actividade Conta que che conto, contanto o noso conto "A princesa e o cabaleiro", inventado e ilustrado polos golfiños, que contamos, como maiores que somos, na biblioteca de Paco aos maiores do cole.
A actividade "As familias contan" este ano tivo moito éxito. Dende aquí dámoslles as grazas ás familias pola súa participación.

Celebracións: Abril mes dos libros,
Curso 2014-2015
20/05/2015
"Miña abuela Manuela"
Esta é a actuación de 5º de Infantil, coa canción "Miña abuela Manuela" de Migallas:
FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2015
Esta é a actuación de 4º de Infantil, coa canción de María Fumaça Fun ao mercado:
Fiz , o repolo feliz
Aquí temos o recitado de 6º de Infantil sobre o conto "Fiz, o repolo feliz" ,publicado na editorial Urco
Etiquetas:
Celebracións: Letras galegas,
Curso 2014-2015
19/05/2015
"A PRINCESA E O CABALEIRO"
"A princesa e o cabaleiro" é un conto inventado e ilustrado polos golfiños. Decidiron que tiña que ser un conto de castelos, xa que levamos dende xaneiro investigando sobre eles, así que nos puxémos a traballar e quedou un conto precioso. Así quedou de chulo:
CONTA QUE CHE CONTO.
E como xa o sabiamos de memoria, contámoslles o conto aos nenos e nenas de 1º e 5º de Primaria.
CONTA QUE CHE CONTO.
E como xa o sabiamos de memoria, contámoslles o conto aos nenos e nenas de 1º e 5º de Primaria.
16/05/2015
12/05/2015
Teatro Babs
O venres 8 de maio fomos ao teatro, a ver a función Babs representada por Baobab Teatro. Gustounos moito a viaxe que Babo fixo polos planetas adiante buscando diversión:
Babs from bibliotecadocole
Etiquetas:
Curso 2014-2015,
Saímos da escola
09/05/2015
AS FAMILIAS CONTAN EN 5º DE INFANTIL
As familias seguen contando, moi animadas, e os nenos/as encantados/as. Berto, o pai de Darío, contounos tres contos: "A burra Ramona", "El diente del niño esquimal" e "El diente del niño indio".
Fran, o pai de Pablo, contounos o conto "El cachorro pirata", un libro de piratas, cun telescopio co que tiñas que buscar piratas escondidos, canciños,...Ó final descubrimos o tesouro: moedas de ouro deliciosas coas que chupamos os dedos.
GRAZAS ÓS DOUS POR VISITARNOS!!
07/05/2015
UN NOVO CONTO DA MAN DAS NAIS
ANDREA, A NAI DE XIÁN TRóUXONOS O CONTO DE CARABUÑAS, UN CONTO MOI DIVERTIDO NO QUE UN MONSTRO NON SE ASEABA MOITO.
GUSTOUNOS MOITO E CANDO REMATAMOS TAMÉN NOS PUIDEMOS ASEAR DISTINTAS PARTES DO CORPO COS AGASALLOS.
GUSTOUNOS MOITO E CANDO REMATAMOS TAMÉN NOS PUIDEMOS ASEAR DISTINTAS PARTES DO CORPO COS AGASALLOS.
06/05/2015
AS FAMILIAS SEGUEN CONTANTO
ESTA VEZ CONTAMOS CON PATRICIA, QUE NOS TROUXO OUTRO CONTO QUE NOS ENCANTOU: UN REGALO DIFERENTE, DA EDITORIAL KALANDRAKA.
CANDO REMATOU TODOS E TODAS PROBARON COA TEA PARA IMAXINAR USOS: CAMAS, MANTAS, GORROS, BUFANDAS, SAIAS, MANTEIS ...UN SEN FIN DE COUSAS DIVERTIDAS FIXERON.
CANDO REMATOU TODOS E TODAS PROBARON COA TEA PARA IMAXINAR USOS: CAMAS, MANTAS, GORROS, BUFANDAS, SAIAS, MANTEIS ...UN SEN FIN DE COUSAS DIVERTIDAS FIXERON.
04/05/2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)