ONTE, AS XIRAFAS, OS GATIÑOS E AS BOLBORETAS LEVAMOS AS POSTAIS DE NADAL A OFICINA DE CORREOS.
17/12/2015
14/12/2015
11/12/2015
AS BOLBORETAS SOMOS INVESTIGADORES
Os nenos e as nenas da clase das bolboretas (6º Infantil) investigaron sobre a súa mascota...este foi o noso proxecto durante este trimestre.
O traballo por proxectos ofrece moitas posibilidades aos nenos e nenas, xa que aprenden investigando, experimentando e vivindo cada un dos procesos de ensinanza-aprendizaxe, ademais de contar co extra indispensable de nacer dos propios intereses e inquietudes.
Este é o resultado da súa investigación!! Fixeron onte unha exposición oral do seu traballo na biblioteca para os máis pequenos do cole, xirafas e gatiños, e para os nenos e nas de 1º e 2º, para explicar aos demais o seu traballo e todo o aprendido.
Felicidades bolboretas polo voso traballo!!!
07/12/2015
XOGANDO COAS LANTERNAS NA CLASE DAS XIRAFAS
O PASADO VENRES ESTIVEMOS XOGANDO COAS LANTERNAS E PASÁMOLO MOI BEN (ÁS ESCURAS E SEN NADIÑA , NADIÑA DE MEDO): ALUMEAMOS O TEITO E DIFERENTES OBXECTOS DA CLASE E, PARA REMATAR, FIXEMOS UN XOGO NO QUE NOS AGACHAMOS TODOS E TODAS, EXCEPTO DANIELLA (QUE ESTABA DE ANIVERSARIO), QUE NOS TIVO QUE BUSCAR COA SÚA LANTERNA...E ATOPOUNOS A TODOS/AS!!!
Etiquetas:
4º Infantil,
Aprendemos experimentando,
Curso 2015-2016
03/12/2015
Premio ao proxecto "Construímos"
Estamos moi contentos/as!
O noso centro acada, unha vez máis, un premio ao seu traballo
Acaba de publicarse a resolución do II Concurso de traballos por proxectos impulsados dende a biblioteca escolar. O noso cole vén de ser premiado polo proxecto "Construímos", desenvolvido o curso pasado, e no que participou toda a comunidade educativa.
Esta é a publicación na páxina da xunta:
Resolución concurso proxectos
Para ver parte do noso proxecto:

Curso 2015-2016,
Proxecto Mundo TICAT@AP,
Proxecto:Construímos
23/11/2015
As Xirafas facemos psicomotricidade ao sol
Parece que dentro de moi pouquiño a chuvia nos vai obrigar a estar no ximnasio para facer psico. Así que as Xirafas decidimos que mentres non chova imos aproveitar todo o que poidamos o sol.
Etiquetas:
4º Infantil,
Curso 2015-2016,
Psicomotricidade
18/11/2015
15/11/2015
13/11/2015
11/11/2015
TRABALLAMOS RELAXADOS
AS BOLBORETAS ESTAMOS TRABALLANDO XA COMO NENOS E NENAS MAIORES E APROVEITAMOS PARA RELAXARNOS ESCOITANDO MÚSICA CLÁSICA
SESIÓN DOBRE DE CONTACONTOS EN 4º DE INFANTIL:
Á PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ CHEGARON FRESQUIÑOS OS CONTOS DE MARÍA, A NAI DE TOMÉ,CON MONSTROS MARIÑOS FAMENTOS DE PIRATAS E BRUXOS CONFUNDIDOS:
E DESPOIS DO RECREO RELAXÁMONOS COAS HISTORIAS CHEAS DE EMOCIÓNS QUE NOS CONTOU LUCÍA, A MADRIÑA DE ÁNGELA:
...E FIXEMOS SACAPENAS!
MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS!

09/11/2015
AS BOLBORETAS USAMOS AS MATEMÁTICAS
Estes días tivemos que utilizar as matemáticas na nosa clase. Morréronnos 6 eirugas da clase. Estamos formulando hipóteses de que foi o que lles pasou: tiñan frío, tiñan calor, non beberon, non comían, nacen soamente na primavera,... E resulta que tivemos que restar, se tiñamos 9 e morreron 4, cantas eirugas nos quedan? E estas foron as súas conversas unha vez que lles mandei representar nun papel o que sucedera
07/11/2015
06/11/2015
As bolboretas xogamos á Pita Cega!
Como se achega o Magosto, as bolboretas estivemos lembrando o xogo popular da Pita Cega para xogar ese día de celebración.
Etiquetas:
Curso 2015-2016,
Psicomotricidade
05/11/2015
As Xirafas xa somos unhas expertas na biblioteca!
As Xirafas xa somos unhas expertas na biblioteca. Mirade que ben sabemos facer o préstamo dos libros e contos que levamos para casa! Buscamos os números da carpeta (número de lector), os números que están nos libros e contos (números de rexistro) e dicímosllos a Noe para que os apunte no ordenador!
Etiquetas:
4º Infantil,
Biblioteca escolar,
Curso 2015-2016
04/11/2015
VISITA NA CLASE DAS BOLBORETAS
Onte tivemos unha visita moi especial na nosa clase. Veu o pai de Martiño, Álvaro, a explicarnos cousas sobre as bolboretas e as eirugas. Aprendemos que tanto as eirugas como as bolboretas non teñen ósos; que teñen uns buracos no seu corpo, chamados espiráculos, que lles serven para respirar (nome que xa coñeciamos porque os golfiños tamén os teñen); que é e para que serve a espiritrompa das bolboretas; etc.
MOITAS GRAZAS, ÁLVARO!!!
03/11/2015
01/11/2015
AS EIRUGAS
Na clase das bolboretas, nos primeiros días de curso, Xandro trouxo uns vermes de seda para ter no cole.
Decidimos investigar sobre este animal, aínda que nós xa sabiamos que despois se converten en bolboretas, xa que coñocemos o conto de "Unha eiruga moi larpeira", pero queriamos saber máis cousas.
Así que fomos á biblioteca de Paco buscar libros que nos deran información.
Contamos: temos 9 eirugas. E temos que contalas todos os días...
Limpamos a caixa e dámoslle de comer as follas que nos trouxo Xandro (que aínda non sabemos como se chaman).
Acabáronse as follas que trouxera Xandro así que fomos á clase dos maiores a preguntar que comían. Os maiores sacáronnos de dúbidas: follas de moreir,a e contáronnos que había unha árbore no cole, así que alá fomos.
E O QUE MÁIS NOS GUSTA DE TODO, É OBSEVAR AS EIRUGAS...

30/10/2015
26/10/2015
Os Gatiños tamén sabemos acuarelear!
A semana pasada, na clase dos Gatiños decidimos facer unha sesión de relaxación diferente... Así que nos puxemos mans á obra e... a acuarelear!
Mirade que ben o fixemos!
Mirade que ben o fixemos!
Etiquetas:
5º infantil,
Competencia artística,
Curso 2015-2016,
Relaxación
24/10/2015
23/10/2015
As cartas de Paco
O proxecto da bilioteca para este curso, chámase Por Que?
Así investigaremos diferentes temas relacionados co mundo científico, natural ou social. Estas son as cartas que nos enviou:
Así investigaremos diferentes temas relacionados co mundo científico, natural ou social. Estas son as cartas que nos enviou:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)