30/10/2013

SAMAÍN

Hoxe celebramos o Samaín no colexio. 
Acendemos as cabazas e daban moito medo!!!






29/10/2013

A biblioteca escolar e as familias

A Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, deseñou a elaboración dunha serie de vídeos co fin de mostrar distintos aspectos das boas prácticas nas bibliotecas escolares. 

O noso centro recibiu a proposta para aportar a nosa experiencia na colaboración coas familias.
 O resultado é este vídeo, que hoxe, Día da biblioteca , queremos compartir con vós.
Unha vez máis, queremos agradecervos a vosa colaboración, as vosas propostas, a vosa presenza arredor da biblioteca e da escola.

25/10/2013

OS XOVES CONTAMOS NÓS

HOXE, ANQUE NON É XOVES, TOCOULLE A IRIS E CONTOUNOS "ROSA CARAMELO", UN FERMOSO CONTO DE ADELA TURÍN E NELLA BOSNIA,QUE NOS GUSTOU MOITÍSIMO.



21/10/2013

AS TARTARUGAS INVESTIGAMOS

Os nenos e nenas da clase das tartarugas empezamos estes días a investigar sobre a nosa mascota. Algúns  xa se animaron a traernos información da casa, algún peluche ou unha tartaruga chulísima feita na casa. Grazas por compartilo connosco!


20/10/2013

Ollos de aula comeza un novo curso

Un novo curso comezou a andar para Ollos de Aula. As actividades extraescolares, a atención á diversidade ou recomendacións para o ocio en familia están presentes nesta edición:

19/10/2013

ESTE XOVES CONTA...ALDARA!

ESTE XOVES TOCOULLE A ALDARA CONTAR.
TROUXO DÚAS POESÍAS!!
ERAN MOI FERMOSAS E DIVERTDAS. GUSTÁRONNOS MOITO

17/10/2013

"ACUARELEAMOS"

Unha das cousas que máis nos gusta facer na aula dos pingüíns e, ademais, reláxanos moitísimo, é pintar coas acuarelas ¡Encántanos! Así que a semana pasada decidimos que iamos pintar uns cadros de outono xa que levábamos falando do tema varios días pola entrada na estación. Mirade que fermosos quedaron:




E para mostra do tranquiliños que estamos cando acuareleamos un pequeno vídeo:


¡ ANIMÁDEVOS A ACUARELEAR NA CASA!

10/10/2013

OS XOVES CONTAMOS NÓS

HOXE NA CLASE DOS UNICORNIOS EMPEZAMOS UNHA NOVA ACTIVIDADE QUE SE CHAMA "OS XOVES CONTAMOS NÓS":
COMO NOS ENCANTAN OS CONTOS (LELOS, QUE NOLOS LEAN, QUE NOLOS CONTEN,...) E COMO RESULTA QUE XA SOMOS MOOOOI MAIORES, A PARTIR DE AGORA TODOS OS XOVES VAISE ENCARGAR UN OU UNHA DE NÓS DE CONTAR UN CONTO, OU RECITAR UNHA POESÍA (QUE TAMÉN NOS GUSTAN MOITO), PARA TODA A CLASE.
  
TOCOULLE A IAGO SER O PRIMEIRO E RECITOUNOS UNHA POESÍA CHULÍSIMA TITULADA "VUELVO AL COLE":
SAÍULLE MOI BEN...E A NÓS ENCANTOUNOS!






07/10/2013

A VOLTAS COS NÚMEROS!

Este ano na clase dos pingüíns imos darlle moitas voltas a isto dos números... Xa vos iremos contando máis polo miúdo, pero, de momento, o noso rexistro de encargados/as xa é diferente ao do ano pasado: agora todos temos un número que nos identifica!





Ademais, tivemos que solucionar algún que outro problema pola repetición de nomes e puxémonos moi rápido de acordo! Escribimos a inical do noso primeiro apelido ao ladiño e sen máis líos!







06/10/2013

OS PRIMEIROS DÍAS DAS TARTARUGAS

Estas son algunhas das cousiñas que fixemos as tartarugas os primeiros días.

02/10/2013

AS TARTARUGAS

Ola, somos as tartarugas de Quintela! Empezamos o cole hai moi pouquiño, e estamos aprendendo moitas cousas nestes primeiros días. Coñecemos  moitos amigos novos, xogamos no patio, cos puzzles, cos animais, fixemos un mantel para merendar,...e moitas máis cousas que xa vos iremos contando. Un bico grande para todos e todas!!!