26/12/2013

O EQUIPO DE INFANTIL DESEXÁMOSVOS...




22/12/2013

20/12/2013

OS XOVES CONTAMOS NÓS

ONTE FOI ÚLTIMO XOVES DE CLASE...ATA O ANO QUE VÉN! E PARA DESPEDIR AS NOSAS SESIÓNS DE CONTACONTOS, AICHA CONTOUNOS UN CONTO QUE NOS DEIXOU IMPRESIONAD@S : UN PÁJARO HERMOSO, DE PHILIPPE UP.
...E TANTO NOS IMPRESIONOU (SOBRE TODO A ÚLTIMA PÁXINA), QUE O TIVO QUE CONTAR VARIAS VECES.













12/12/2013

OS XOVES CONTAMOS NÓS.

HOXE TIVEMOS CONTO OUTRA VEZ: DAVID CONTOUNOS UNHA FERMOSA HISTORIA DUN NETO E O SEU AVÓ, TITULADA "ABUELO TEJÓN, ¿ TÚ SABES HACERLO?".
GUSTOUNOS MOITO!





11/12/2013

Continuamos cos números... ata no Nadal!

Pois nestas andamos... Dende que comezou o mes de decembro temos na aula un calendario de advento para ir facendo a conta atrás para a chegada de Papá Noël. Así que todos os días, logo de poñer a data, un de nós busca a súa xaneliña e come a súa pequena lambetada!




05/12/2013

OS XOVES CONTAMOS NÓS

ESTE XOVES TOCOU POESÍA:
AISHA RECITOUNOS O POEMA EL GALLO DESPERTADOR, DE GLORIA FUERTES,...E GUSTOUNOS TANTO, QUE LLO FIXEMOS REPETIR 3 VECES.











02/12/2013

AS MELLORES LECTURAS DO MES

NOVEMBRO XA REMATOU E NA CLASE DOS UNICORNIOS  ESCOLLEMOS AS NOSAS LECTURAS FAVORITAS:


                             O MELLOR CONTO DO MES
































                                     A MELLOR POESÍA DO MES




30/11/2013

XIÁN E MARINA ESCRIBEN A DATA!

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo para que vexades que ben escribimos xa os pingüíns!

 

29/11/2013

OS XOVES CONTAMOS NÓS

ONTE FOI ANXO QUEN CONTOU... E LEVOUNOS COAS SÚAS PALABRAS NUNHA PRECIOSA VIAXE CON TEO EN TREN, DE VIOLETA DENOU.






28/11/2013

OS XACINTOS

As tartarugas plantamos xa os xacintos. Pasámolo moi ben e agora estamos impacientes esperando que medren.

26/11/2013

ONDE ESTÁ MOSCÚ?

As tartarugas estamos investigando sobre Wassily Kandinsky e descubrimos que naceu en Moscú. Pregunteilles onde estaba Moscú e estas foron as súas respostas:
  • Está lejísimos.
  • Lo podemos ver con un telescopio.
  • No, que el telescopio es para ver la luna.
  • Lo podemos ver con mis prismáticos.
  • Moscú está muy lejos de Moaña.
  • Necesitamos un mapa 
Así que nos puxemos a traballar e intentamos averiguar onde estaba Moscú.


Que é un mapa?
  • Es donde vemos Moscú.
  • Para seguir el camino.
  • Para buscar o camiño.
  • Para buscar a Moscú.
  • Para ver por onde está Moscú ou outros sitios que non sabemos como ir.


22/11/2013

MOMENTO RELAX EN 6º DE INFANTIL

NA CLASE DOS UNICORNIOS ACABAMOS DE DESCUBRIR O IMPORTANTE QUE É SABER RELAXARSE E AGORA TODOS OS DÍAS DESPOIS DO RECREO TEMOS UNS MINUTIÑOS DE "DESCONEXIÓN",NOS QUE DESCANSAMOS, RESPIRAMOS SUAVEMENTE...E QUEDAMOS COMPLETAMENTE OMMMM!






HOXE CONTOU DIEGO

ESTA SEMANA TAMPOUCO CONTAMOS O XOVES, ASÍ QUE HOXE NA BIBLIOTECA CONTOU DIEGO UN CONTO QUE NOS CHIFLA :OS TRES PORQUIÑOS. E SAÍULLE REQUETEBÉN!


19/11/2013

AS TARTARUGAS EN INFORMÁTICA

As tartarugas estamos aprendendo a usar o ordenador e o uso do rato cuns xogos moi divertidos. Mirade que ben o pasamos e que maiores somos!!!

14/11/2013

ESTE XOVES CONTOU IVÁN

NA CLASE DOS UNICORNIOS HOXE VOLVEMOS ÁS CONTADAS DOS XOVES E FOI IVÁN QUEN NOS AGASALLOU CUN CONTO CLÁSICO COÑECIDO POR TODOS E TODAS, PERO TAN BEN CONTADO QUE NOS ENCANTOU : OS SETE CABRITOS.








09/11/2013

ESTE VENRES CONTOU NAIARA

O  XOVES, COMO ESTIVEMOS DE MAGOSTO, NON TIVEMOS A NOSA SESIÓN DE CONTACONTOS, ASÍ QUE FOI O VENRES, NA HORA DE BIBLIOTECA, CANDO NAIARA NOS CONTOU UN PRECIOSO CONTO...QUE FALABA DUN UNICORNIO!!!: LILY, LA PRINCESA HADA, Y EL UNICORNIO.
ERA UN CONTO MOI LONGO, CON MOITO TEXTO...E SAÍULLE DE MARABILLA.










07/11/2013

O magosto e o San Martiño na aula dos Pingüíns

Na clase dos Pingüíns estivemos a falar estes días sobre o magosto e, como xa temos internet na aula, decidimos buscar información. Así, atopámonos con que nestes días se leva a cabo a vendima, a matanza do porco,... e que o 11 de novembro se celebra en Moaña o San Martiño. A moitos xa nos soaba esa festividade, incluso Xavi ensinounos un refrán que o resto aprendemos de contado: Polo San Martiño, trompos ao camiño. Ao día seguinte...



¡Sorpresa! Adrián e Mateo trouxéronnos dous trompos e estivemos probando a enrosca-la corda nel... aínda que é máis difícil do que asemella.

Buscamos tamén na rede outros refráns sobre o San Martiño e escollemos dous: o que nos dixera Xavi e A todo porquiño lle chega o seu San Martiño:

04/11/2013

ESCOLLENDO AS MELLORES LECTURAS

EN 6º DE INFANTIL LEMOS TODOS OS DÍAS UN CONTO OU UNHA POESÍA E, Ó REMATAR, CADA NENO/A ANOTA CANTO LLE GUSTOU (MOITO, POUCO OU NADA) E, ASÍ, TEMOS UN REXISTRO DE TODAS AS LECTURAS E CANDO ACABA O MES FACEMOS RECONTO E XA SABEMOS CALES FORON AS FAVORITAS.

                                              

                O MELLOR CONTO DE OUTUBRO





                 A MELLOR POESÍA DE OUTUBRO



01/11/2013

XOGO DE PISTAS

Polo día das Bibliotecas Escolares, Paco  tiña un xogo moi divertido para as tartarugas e agachounos varios contos na biblioteca. Deixounos unhas pistas para atopalos e  fixémolo tan ben que os atopamos todos!Este Paco sempre ten moitas sorpresas, por iso nos encanta ir á súa iblioteca!

30/10/2013

SAMAÍN

Hoxe celebramos o Samaín no colexio. 
Acendemos as cabazas e daban moito medo!!!






29/10/2013

A biblioteca escolar e as familias

A Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia, deseñou a elaboración dunha serie de vídeos co fin de mostrar distintos aspectos das boas prácticas nas bibliotecas escolares. 

O noso centro recibiu a proposta para aportar a nosa experiencia na colaboración coas familias.
 O resultado é este vídeo, que hoxe, Día da biblioteca , queremos compartir con vós.
Unha vez máis, queremos agradecervos a vosa colaboración, as vosas propostas, a vosa presenza arredor da biblioteca e da escola.

25/10/2013

OS XOVES CONTAMOS NÓS

HOXE, ANQUE NON É XOVES, TOCOULLE A IRIS E CONTOUNOS "ROSA CARAMELO", UN FERMOSO CONTO DE ADELA TURÍN E NELLA BOSNIA,QUE NOS GUSTOU MOITÍSIMO.



21/10/2013

AS TARTARUGAS INVESTIGAMOS

Os nenos e nenas da clase das tartarugas empezamos estes días a investigar sobre a nosa mascota. Algúns  xa se animaron a traernos información da casa, algún peluche ou unha tartaruga chulísima feita na casa. Grazas por compartilo connosco!


20/10/2013

Ollos de aula comeza un novo curso

Un novo curso comezou a andar para Ollos de Aula. As actividades extraescolares, a atención á diversidade ou recomendacións para o ocio en familia están presentes nesta edición:

19/10/2013

ESTE XOVES CONTA...ALDARA!

ESTE XOVES TOCOULLE A ALDARA CONTAR.
TROUXO DÚAS POESÍAS!!
ERAN MOI FERMOSAS E DIVERTDAS. GUSTÁRONNOS MOITO